Da Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

鶹 – Responsabilidade social agenda 2030 10/02/2020

En decembro de 2015, a Asemblea Xeral das Nacins Unidas proclamou o 11 de febreiro como Da Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (A/RES/70/212). O fin desta data é acadar o acceso e a participacin plena das mulleres e nenas na ciencia e, dun xeito global, a igualdade de xénero e o empoderamento delas.

Por que é importante esta data? Tal e como dixo o Secretario Xeral das Nacins Unidas no ano 2019, os coecementos nas chamadas reas STEM (ciencia, tecnoloxa, enxeara e matemticas) son fundamentais para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). As mulleres e as nenas son fundamentais na consecucin dos ODS pero, no entanto, atopmonos con que a súa participacin nestas reas de coecemento é “lamentablemente insuficiente”.

A que se debe esta falta de participacin? O secretario xeral salienta tres causas: os estereotipos de xénero, a falta de modelos a seguir e as polticas e ambientes desalentadores e hosts.

Os estereotipos de xénero introdúcense para acompaar s nenas durante todo o seu desenvolvemento dende idades tempers. Nun estudo publicado na revista Science demstrase que as nenas, a partir dos 6 anos, asocian habilidades cognitivas de alto nivel, como por exemplo a brillantez, cos nenos. Esta percepcin acompaaraas durante todo o seu desenvolvemento e poder desencadear en que no futuro opten por non estudar ou dedicarse a profesins consideradas difciles como as cientficas.

Na educacin secundaria, o informe PISA revela que a porcentaxe de mozos que agarda aos 30 anos para dedicarse profesionalmente a tarefas relacionadas cos eidos da ciencia ou enxeara é superior ao das mozas en case un 8 %. Alén diso, case un 23 % mis de mozas ca de mozos pensa que nun futuro se vai dedicar s ciencias da saúde.

No mbito universitario, a taxa de mulleres matriculadas no curso 2017-2018 foi dun 55,1 % nos estudos de grao e dun 54,8 % nos estudos de mestrado. As preferencias que amosaba o Informe PISA vense aqu tamén, pois a meirande parte do alumnado matriculado en carreiras de ciencias da saúde (70 %), artes e humanidades (61,6 %) e ciencias sociais e xurdicas (59,8 %) son mulleres.

Unha vez as mulleres que estudaron carreiras de ciencias rematan os seus estudos, atpanse co chamado “teito de cristal”, o cal lles impide ou dificulta ascender e acceder a cargos de responsabilidade. Isto vese na carreira investigadora das universidades públicas. Se ben case a mesma porcentaxe de mulleres e homes acadan o grao D (profesorado axudante e persoal investigador en formacin), s o 21 % das mulleres obtén o grao mis alto na escala: profesorado catedrtico de universidade.

Dende a 鶹, unmonos conmemoracin desta data coas xornadas «Elas fan CienTec 2020» e «Exxperimenta en feminino», organizadas por un grupo de docentes e investigadoras, en colaboracin coa Unidade de Igualdade da 鶹. A primeira das xornadas ter lugar no Campus de Vigo o martes 11 de febreiro e a segunda no Campus de Ourense o mércores 12. O público destinatario é o alumnado de 3.º e 4.º de educacin secundaria obrigatoria e de 1.º e 2.º de bacharelato.

A maiores, durante este mes, 26 investigadoras e un investigador da 鶹 acudirn a 29 centros educativos de Galicia para ofrecer 41 charlas e actividades sobre o seu traballo e sobre o papel da muller e a nena na ciencia e na tecnoloxa.

Mis informacin:

Área de Responsabilidade Social e Cooperacin
Vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalizacin e Cooperacin
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 587
direc.rsco@uvigo.es