Un libro recolle os programas realizados polo grupo GIES-10 con persoas con cancro ou autismo

Sete receitas para unha intervencin educativa baseada no movemento

Coordinado pola profesora Margarita Pino, o volume pon o acento nos métodos de avaliacin das activi

Etiquetas
  • Pontevedra
Eduardo Muiz DUVI 13/11/2017

Programas que fan do teatro unha ferramenta terapéutica a empregar con vtimas da violencia machista e persoas con problemas de deterioro da súa saúde mental, proxectos de intervencin que empregan a expresin corporal con mulleres que padeceron un cancro de mama e a ximnasia para mellorar as habilidades sociais na adolescencia, xunto con programas educativos que empregan a actividade fsica con nenos con necesidades de apoio educativo, a equitacin con persoas con autismo e dirixidos a mellorar a hixiene postural de traballadores. Estes sete exemplos das lias de investigacin e intervencin socioeducativa desenvolvidas polas investigadoras e investigadores do grupo GIES-10, da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte, recllense no libro Diseo y evaluacin de programas educativos en el mbito social, un volume coordinado pola profesora Margarita Pino e publicado por Alianza, que pon o acento na metodoloxa empregada e no método de avaliacin dun programas sustentados no uso do movemento e da actividade fsica e no desenvolvemento de procedementos participativos, dirixidos a “promover unha saúde integral, entendida como saúde fsica, mental e social”.

“A idea do libro é ofertar, sobre todo a educadores, profesorado e xente que traballa no mbito social, modelos de deseo de programas que inclúan todo o sistema metodolxico e de avaliacin”, sinala Pino, coordinadora do grupo de investigacin e dunha publicacin que ten na avaliacin o seu aspecto mis novidoso, “xa que en Espaa estanse avaliando moi pouco os programas educativos”, a pesares de que seran estes procesos os que permiten aos e s profesionais “coecer se accins que levaron a cabo foron eficaces ou non”. Con ese obxectivo, os sete programas recollidos no volume, resultado de investigacin desenvolvidas, en boa parte dos casos, no marco das teses de doutoramento dos investigadores e investigadoras, preséntanse neste volume “dunha forma moi resumida”, seguindo todos un mesmo esquema co propsito de facilitar a súa implantacin. “Todos empezan cunha contextualizacin, para que a persoa que o vai replicar saiba con que poboacin se fixo e como se fixo, porque son programas cuns obxectivos concretos, e despois viran os obxectivos e as competencias”, relata a coordina deste volume, no que se detallan tamén a metodoloxa e os contidos concretos de cada intervencin, xunto cos instrumentos de avaliacin aplicados. “Realmente son receitas, o que se fixo neste libro é reunir todos os ingredientes daquilo que aplicamos e funcionou”, engade nese senso a investigadora Águeda Gutiérrez.

Movemento e participacin

Todos os proxectos dos que d conta o libro parten, sinala Pino, dos principios da neuroeducacin, que sitúan “a actividade fsica, o movemento, como eixo de aprendizaxe”, as como do deseo de “actividades colaborativas e grupais”, partindo das ideas de que a prctica de actividade fsica “facilita a memoria a longo prazo e, por tanto, unha aprendizaxe mis eficiente” e de esta “debe ser unha experiencia positiva e pracenteira”, xa que “estados emocionais negativos como o medo ou a ansiedade dificultan o proceso de aprendizaxe”, explica Pino no texto introdutorio. Nese senso, os tres primeiros captulos, asinados por Pino, Gutiérrez, José Domnguez Alonso, Antonio Lpez Castedo e Elia Vzquez teen como propsito enmarcar estas intervencins, abordando o desenvolvemento da personalidade desde a infancia e ata a idade adulta, o modelo de deseo e avaliacin de programas e as vantaxes da actividade fsica para a saúde.

Sete programas aplicados con diferentes colectivos

A dramaterapia, o uso de técnicas teatrais con fins terapéuticos, centra o captulo asinado por Mara Luisa Mondolfi, que presenta un programa desenvolvido con mulleres vtimas de violencia de xénero, dirixido a reducir “malestares psicolxicos como a trastorno por estrés postraumtico e sntomas depresivos, as como mellorar a autoestima”. A través tamén da dramaterapia, a investigadora Sara Fernndez Aguayo aborda un programa dirixido a persoas con enfermidades que implican un deterioro da súa saúde mental, dirixido a “mellorar a súa autoestima, asertividade, creatividade, recoecemento de emocins, toma de decisins e relacins interpersoais e sociais”. Noem Sanmartn, pola súa banda, da conta un programa de actividade fsica para mulleres que padecen cancro de mama que emprega a expresin corporal como técnica terapéutica, dirixida a mellorar a calidade de vida, a autoestima, o estado de nimo e a imaxe corporal.

O libro recolle as mesmo o programa de hipoterapia e equitacin terapéutica que, no marco da súa tese, Sonia Bouzo puxo en prctica con nenos e adolescentes con Trastorno do Espectro Autista (TEA) e de como este permitiulles “desenvolver habilidades de interaccin social e comunicacin, as como mellorar as habilidades motrices”, o seu equilibrio e niveis de relaxacin muscular. Iago Portela, pola súa banda, presenta un modelo de intervencin educativa sustentado na actividade fsica e dirixido a nenos e nenas con necesidades especficas, que ten como propsito facilitar “o seu dominio de destrezas motoras bsicas, as como habilidades sociais e persoais”, a través de contidos relacionados coa “relaxacin e inhibicin muscular, a flexibilidade e a coordinacin motriz e o equilibrio”, segundo recolle Pino na introducin. Nesa mesma lia, Xoana Reguera da conta nesta publicacin do proxecto que, valéndose da ximnasia acrobtica e da aprendizaxe cooperativa, levou a cabo con estudantes de secundaria co propsito de mellorar habilidades sociais como “a responsabilidade, a autonoma e o sentido de competencia”, ao tempo que a propia autoestima dos estudantes.

Por último, o volume complétase co programa de hixiene postural e actividade fsica no mbito laboral que Tania Garca deseou co propsito de previr, a través da actividade fsica, os “trastornos musculoesqueléticos” que, derivados de movementos e posturas repetitivas, poden padecer as persoas que traballan con pantallas de visualizacin de datos.