A profesora de Filoloxa e Traducin recolle as desditas de catro personaxes que se acaban atopando

Sexo, dor e crtica social mestúranse en 'Nadie Duerme', a última novela de Xina Vega

Tres meses despois da súa publicacin, a obra conta cunha grande acollida do público

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
DUVI 26/03/2018

A terceira obra da docente, quen xa no 2007 acadara o Premio Xerais de Novela pola pera prima Cardume, publicouse en decembro e, en tan s tres meses dende a súa chegada s libraras, conta xa cunha grande acollida por parte do público e da crtica literaria.

Nesta nova publicacin, a autora recolle as diferentes historias de catro personaxes -unha moza maltratada, un home africano emigrado, unha muller que acaba de abortar e un home que se resigna a non ser amado- que, no clmax da novela, se acaban atopando e comparten as súas miserias ao longo dunha noite na que a escritora amosa o lado mis srdido do ser humano. Todo isto tinguido, ademais, nun ton de crtica social co que Vega pretende denunciar “a perspectiva mis violenta do ser humano, concretamente a do abuso muller e aos inmigrantes”.

“Unha crise persoal púxome en sintona coa parte mis escura do mundo”, destaca Vega, que para crear esta novela se inspirou, segundo afirma, en historias de dano e dor de xente prxima súa contorna. Ademais, tampouco esquece mencionar nomes de escritoras e escritores como Bataille, Elfried Jelineck e Angélica Lidell, que lle serviron como inspiracin para “empregar a violencia e a atrocidade como unha va de acceso ao coecemento”.

Á hora de valorar a súa evolucin como escritora, Vega non pode evitar comparar a súa última novela coas dúas anteriores que publicou, pois presentan unha temtica moi distinta. “En Cardume falaba unha voz mis amable, era unha lectura mis apta para todos os públicos, pero en min operouse un xiro”, sinala a autora, que xa con Dark Butterfly -a súa segunda novela- se encamiara cara a unha escritura mis reflexiva e pesimista. En Nadie Duerme, ttulo co que rende homenaxe ao poema de Lorca Ciudad sin sueo, Vega conta diferentes historias nas que temas como a desesperacin ante o paso do tempo, o abuso sexual muller e a discriminacin racial son os protagonistas. “Estes temas atnxennos a todos, polo que non pensei nun tipo de lector especfico. Que cada quen afonde na súa propia ferida”, afirma a escritora.

Primeira novela da autora escrita en casteln

Despois de presentar as súas dúas primeiras obras en galego, Vega decidiu publicar Nadie Duerme en casteln, a pesar de estar escrita orixinalmente en lingua galega. Neste senso, afirma que esta decisin se debeu s dificultades que se lle presentaron para publicar a novela nesta lingua. “Despois de levar dous anos en cola de edicin aqu, sentn que en Galicia non haba espazo para o meu libro, e co tempo xurdiu a oportunidade de publicar cunha editorial coa que xa traballara e que admiraba, Pepitas de Calabaza”. Porén, a docente non descarta reeditar a obra en galego nun futuro, se se lle presenta a ocasin.

As reaccins do público e da crtica non se fixeron esperar

Tras a súa publicacin a principios de decembro, as crticas de Nadie Duerme en diferentes medios non tardaron en aparecer, destacando tanto a súa calidade como a súa crueza. O escritor e fillogo galego Armando Requeixo definiu esta obra como “un soberbio exercicio estilstico”, vez que a entende como “unha narrativa extrema e sen compaixn do politicamente correcto”. Pola súa banda, Teresa Moure, tamén escritora e profesora no Departamento de Lingüstica Xeral da USC, valora a novela como “un relato dursimo, profundo, sangrante e redondo”. A isto súmanselle, como afirma Vega, “as estupendas reflexins e as fotos do libro que algúns lectores comparten comigo na rede”.

Ademais da súa ocupacin como escritora, Vega compaxina o seu labor docente no Departamento de Lingua Espaola con outros traballos de literatura e traducin. Especialista na obra de Cunqueiro, publicou traballos de crtica teatral en revistas como El Público, Quimera, Zurgai, Anuario de Estudios Galegos, Grial e Tempos Novos, vez que se ten centrado en campos de investigacin como o bilingüismo e a autotraducin. Ademais, no 1999 obtivo, xunto a outros catro profesionais, o Premio Sthendal pola traducin ao casteln da novela La disparition, de Georges Perec.