A intérprete e tradutora Branka Oštrec ofreceu un relatorio no campus
A situacin sociolingüstica da ex-Iugoslavia, antes e despois da guerra
Repasou a evolucin dos idiomas das diferentes repúblicas balcnicas
En contextos de conflito ou confrontacin, as linguas convértense s veces en ferramentas de reafirmacin cultural e identitaria e mesmo son empregadas e manipuladas artificialmente para fins polticas. Bo exemplo disto é a situacin sociolingüstica das seis repúblicas que naceron da ex-Iugoslavia: Bosnia i Hercegovina, Serbia, Croacia, Eslovenia, Macedonia e Montenegro, cuxa historia recente repasou este luns na Facultade de Filoloxa e Traducin a intérprete e tradutora croata Branka Oštrec. Profesora da Universidade de Zagreb, a investigadora est actualmente realizando a súa tese de doutoramento na 鶹, baixo a direccin dos docentes da Facultade de Filoloxa e Traducin Xon Manuel Garrido e Óscar Ferreiro. No seu relatorio, organizado polo Programa de Doutoramento T&P, o ttulo propio de ETIV e o Mestrado en Traducin para a dzܲԾ Internacional, abordou a situacin sociolingüstica tanto antes como despois da guerra da ex-Iugoslavia, “que non dos Balcns, xa que este último é un territorio mis reducido e limitado”.
Branka Oštrec comezou lembrado que a antiga Iugoslavia era “unha construcin plurinacional, plurilingüstica e plurirrelixiosa, na que sempre tivemos clara a distincin entre cidadana (iugoslava) e nacionalidade (croata, no seu caso), un concepto que semella incomprensible pero que ns tiamos incluso diferenciado no pasaporte”. A profesora explicou que os cidadns da ex-Iugoslavia eran croatas, bosnacos, montenegrinos, etc. “pero os únicos que, en certo modo, se podan identificar como iugoslavos eran os serbios”. A situacin lingüstica tamén era diferente nas repúblicas. Por unha banda exista o esloveno en Eslovenia e o macedonio en Macedonia e, por outra, o serbo-croata (tamén denominado croata ou serbio) era a lingua común no resto do territorio. Era unha lingua, lembraba a relatora, froito dunha aposta polo unitarismo lingüstico, “unha lingua dos serbios, croatas e montenegrinos que se desenvolveu arredor de dous centros, Zagreb e Belgrado, con dúas pronunciacins (ijekavica e ekavica) e en cuxo nome haba que destacar ambas partes: serbio e croata”, anda que deste plantexamento “quedaban fora os bosnacos”, apuntaba Oštrec. Era un nexo común que permita unha comunicacin fluda entre as diferentes repúblicas e, a pesar de que existen variacins fonéticas, e incluso léxicas, “esas diferencias non impiden unha comunicacin exitosa entre os falantes”.
O antes e o despois
Ese era o punto de partida, pero tras a morte de Tito este territorio federal comezou a desmembrarse ata desembocar nas guerras dos Balcns. Na súa intervencin, Oštrec centrouse en analizar os diferentes escenarios antes e despois do conflito. Por exemplo, en Eslovenia e Macedonia conservaron as linguas oficiais tras a independencia, pero o serbo-croata resista como idioma de prestixio. Pola contra, na actualidade o serbo-croata ten unha connotacin negativa e xa non se emprega nin se ensina das escolas, s como materia optativa.
En Serbia tras a guerra, o serbo-croata pasa a denominarse unicamente serbio, desaparecendo tamén o alfabeto latino, antes co-oficial, e os dereitos das minoras lingüsticas nacionais. Polo demais, remarcaba a investigadora, “a lingua non sufriu cambios, porque Serbia non precisaba reafirmar a súa identidade a través do idioma”.
Noutra das repúblicas, Bosnia i Hercegovina, a situacin era moito mis complexa, con cidadns croatas, serbios e bosnacos, con diferentes idiomas, nacionalidades e relixins. Neste territorio coexistan as dúas variantes do serbo-croata e a igualdade entre ambos alfabetos. “Durante a guerra tratouse de equiparar identidade lingüstica e identidade nacional e, na actualidade anda quedan moitas cuestins por solucionar en Bosnia, como a existencia de unha ou varias linguas, o nome da lingua, a lexislacin, etc.”
En Montenegro, pola súa banda, mantvose o status quo, pero o Ministerio de Educacin optou por cambiar o nome lingua serbia para substitulo por lingua materna, de modo todo o alumnado pode decidir en que lingua estudar, elixindo entre as catro nas que se desintegrou o serbo-croata (croata, serbio, montenegrino e bosnaco) e o albanés como lingua oficial.
Finalmente, en Croacia, pas de orixe da relatora, a situacin sociolingüstica pasou por empregar o idioma para reafirmar a identidade nacional. A lingua pasou a chamarse croata e, a pesar de que os intentos de purificacin da lingua foron rexeitados, segundo recoece Oštrec, o croata foi tratando de diferenciarse cada vez mis dos estndares lingüsticos da contorna. De feito, na actualidade comeza a verse unha fenda entre as novas xeracins, que teen “mis problemas de comprensin e comunicacin entre o croata e o serbio, porque xa non expostos s linguas dos outros”, conclua.




