Ciencias da Educacin e do Deporte acolle este xoves o ciclo ‘Xénero, feminismo e creacin visual’

Unhas xornadas analizan no campus o cmic, a animacin e o deseo grfico desde a perspectiva de xénero

Co obxectivo de afondar no papel formativo e informativo da imaxe

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Igualdade
  • é
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 27/09/2018

O peso do visual na sociedade dixital contempornea fai que as imaxes xoguen un “papel crucial na difusin de contidos e na fixacin de estereotipos de xénero, moitas veces inconscientes pero non por iso inofensivos”. Deste xeito presentan as profesoras da Área de Didctica da Expresin Plstica e integrantes do grupo de investigacin Remoss Cristina Varela, Begoa Paz e Itziar Ezquieta o punto de partida das xornadas Xénero, feminismo e creacin visual, que ao longo deste xovesse desenvolven na Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte. Xornadas que contan co patrocinio da Unidade de Igualdade da Universidade e quebuscan poer o foco, como salientou Varela, na “importancia formativa e informativa da imaxe” a través dunha serie de conferencias que abordan desde a perspectiva de xénero “linguaxes moi contemporneas” como a grfica, a animacin ou a banda deseada.

Un percorrido pola animacin partindo das “princesas Disney”

Abordar a capacidade da creacin visual tanto para perpetuar estereotipos como para contribur a novas formas de pensamento constitua nese senso o propsito dunhas xornadas que o doutor en Belas Artes pola 鶹 Cristian Gradn abriu cun relatorio no que, a través de diferentes exemplos, amosou ao alumnado como “a animacin foi reflectindo os roles de xénero”. Empregando como punto de partida a ideadas “princesas de Disney”, Gradn trazou nesta conferencia un percorrido no que incidiu en como esta imaxe foi evolucionando, “porque evidentemente todas as formas de escritura adptanse sociedade na que xorden”, desde “princesas Disney clsicas como Cincenta, que aceptaba o seu castigo sen protestar e era rescatada por un prncipe” a personaxes como Mérida, da pelcula Brave, “que compite por gaar a súa propia autonoma e busca o seu propio destino”. As mesmo, este percorrido combinou este achegamento “a animacin mis comercial”cunha ollada animacin independente e experimental, “na que hai unha representacin de toda unha serei de sexualidades e afectividades alternativas”.

Deseo grfico e cmic feminista

As xornadas contaron tamén coa participacin da deseadora grfica Uqui Permui, autora de proxectos como a campaa En negro contra as violencias, quen puxo o acento na capacidade do deseo, “algo tan cotin que case non lle damos importancia”, como ferramenta “para poder achegar unha mensaxe a unha poboacin diferente da militante”. Previamente, Permui contrapuxo no seu relatorio os conceptos de grfica feminista, “gratuta, espontnea e realizada por militantes”, e deseo grfico feminista, “feito por profesionais”;dous conceptos que, como engadiu, “teen unha serie de puntos en común, que se entrecruzan”, o que o levou a defender que “o que o separa non é importante”, dadotamén ese “plus” que a profesionalidade implica hora de trasladar a mensaxe a públicos diversos.

Xa pola tarde, as xornadas continúan coa conferencia Autorrepresentacin e feminismo(s) no cmic espaol recente feito por mulleres, na que a investigadora Mara Mrquez achega ao alumnado o traballo dunha serie de “autoras emerxentes, moi posicionadas publicamente cando expoen, a través de traballos colaborativos ou a nivel individual nas redes sociais”. Redes que se teen convertido, explica, nunha importante ferramenta de difusin e conexin desta nova xeracin de autoras, “moitas con proxeccin internacional” eentre as que figuran tamén creadoras galegas como Pepa Prieto Puy ou Roberta Vzquez.

A continuacin, as xornadas complétanse cun debate no que as e o conferenciante debatern sobre esa capacidade da “imaxe grfica como ferramenta activista e formativa, coa que xerar outros imaxinarios”, como salienta a comisaria, crtica de arte e xestora cultural Anxela Caramés, responsable de conducir un coloquio sobre como a creacin visual pode “contribur a cambiar eses estereotipos”.