A tese de doutoramento de Javier Daz confirma a súa importancia

Como afectan os determinantes ambientais ao desenvolvemento da gaivota patiamarela e do peixe espioso?

Inflúen en factores relacionados coa coloracin, o comportamento e a fisioloxa

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • پܱ
  • Medio Ambiente
  • Աپ
D. Besado DUVI 25/09/2018

Como afectan os determinantes ambientais ao desenvolvemento de certos animais vertebrados? Este foi a pregunta que o investigador Javier Daz tratou de responder coa súa tese de doutoramento, un estudo en profundidade  sobre como o sexo, o ambiente social temper e o risco de depredacin inflúen no comportamento, a coloracin de camuflaxe e a expresin de xenes relacionados co estrés fisiolxico.  Centrou o seu estudo en dúas especies moi concretas: a gaivota patiamerela (Larus michahellis) e o peixe espioso (Gasterosteus aculeatus).

“O coecemento da estrutura e a orixe da variacin dos trazos fenotpicos e o papel do desenvolvemento dos organismos nos procesos evolutivos considerronse pezas claves para completar a teora neo-Darwiniana da evolucin, e a súa inclusin formal constituu unha nova sntese ampliada da actual teora evolutiva que tamén integra o papel do desenvolvemento”, explica o investigador, que encadra este estudo nunha nova corrente de investigacins que recalcan a importancia do estudo dos mecanismos xenéticos e ambientais que inflúen na diversidade dos caracteres a partir de alteracins dos trazos dos organismos durante o seu desenvolvemento.

Realizronse experimentos na illa de Slvora e tamén en laboratorio

Entre outros obxectivos, o  estudo, dirixido polos profesores Sin Yeon Kim e Alberto Velando, propúxose estudar a plasticidade durante a fase xuvenil da coloracin de camuflaxe e o comportamento de seleccin da cor do fondo –claro ou escuro- en resposta ao risco de depredacin no peixe espioso, as como analizar como inflúen os efectos maternos, en concreto, as substancias do ovo e a orde de nacemento, no comportamento durante os primeiros das de vida dos polos da gaivota patiamarela. Por outra banda, o investigador decidiu tamén tratar de determinar si exista dimorfismo sexual na coloracin de camuflaxe nos xuvens do peixe espioso e nos polos da gaivota, e afondar na relacin entre a coloracin de camuflaxe, constituda por melaninas, e a expresin de xenes asociados co estrés fisiolxico nas cras das gaivotas.

Para conseguilo realizou dous experimentos: un cos polos da gaivota na illa de Slvora e outro en laboratorio con xuvens do peixe espioso.

Ante un risco o peixe espioso non modifica a súa coloracin

Os resultados acadados non deixaron lugar a dúbidas: os xuvens do peixe espioso non modifican a súa coloracin de camuflaxe ante un risco de depredacin, suxerindo que a plasticidade deste trazo en resposta a unha ameaza de depredacin é limitada ou ben demasiado custosa. Pola contra, o comportamento de eleccin da cor do fondo ante un risco de depredacin si que se produce: os peixes sometidos a un risco de depredacin tiveron unha maior presenza nun fondo escuro. “Estes resultados suxiren que a plasticidade no comportamento de eleccin da cor do fondo supn unha estratexia de camuflaxe en ambientes heteroxéneos, nos que os parches claros e os escuros estn presentes”, explica o investigador.

No caso da gaivota a xerarqua do nacemento é determinante

Con respecto gaivota patiamarela é a xerarqua do nacemento, e non as substancias depositadas polas nais nos ovos, a que determina as diferentes estratexias de comportamento dos polos durante os seus primeiros das de vida. En concreto, os últimos polos en nacer dentro dun nio emitiron mis chamadas de atencin aos pais, foron menos propensos a reaccionar ante unha chamada de alarma parental e tiveron unha taxa respiratoria menor que os que naceron primeiro, independentemente das substancias do ovo. “Estes resultados rexeitan a aplicabilidade xeral da asuncin de que as diferenzas de comportamento entre primeiros e terceiros polos en gaivotas estn programados polas substancias maternas depositadas nos ovos”, explica o investigador.

O dimorfismo sexual est mis xeneralizado do que se pensaba 

Se ben ata o de agora a maiora dos traballos centrranse no estudo do dimorfismo sexual de coloracin en individuos adultos, que normalmente presentan ornamentos moi coloridos con importantes funcins no emparellamento, os resultados desta tese demostran que existe  dimorfismo sexual na coloracin de camuflaxe nos xuvens de ambas especies, “o que suxire que o dimorfismo nos xuvens pode ser mis xeneralizado en vertebrados do que se asumira previamente”. Ademais disto, diferentes resultados achados ao longo da investigacin suxiren que os polos mis escuros sofren menos estrés durante o seu desenvolvemento.

“Apenas hai oferta laboral para o noso perfil en Espaa”

O autor da tese, Javier Daz (Plasencia, 1987) é licenciado en Bioloxa pola Universidad de Salamanca, con Mster en Biodiversidade e Bioloxa da Conservacin pola Universidad Pablo Olavide de Sevilla e doutor en Bioloxa pola 鶹. Autor e coautor de sete publicacins cientficas en revistas internacionais, con ms de 50 citas ata agora, actualmente atpase en situacin de desemprego e buscando traballo tanto no mbito académico como empresarial en Espaa e no estranxeiro. “O meu caso é un exemplo mis de como en Espaa o Estado forma doutores gastando moitos recursos públicos, pero logo non hai un mercado laboral nin público nin privado que poida aproveitar esta formacin, apenas hai oferta laboral para o noso perfil en Espaa”, recalca o investigador.