Coincidindo co 70 aniversario da Declaracin Universal dos Dereitos Humanos

Voluntariado universitario para promover a educacin dos dereitos humanos en colexios de toda a provincia

Este luns arrancou un curso formativo e en xaneiro iniciaranse as actividades nos centros escolares

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Igualdade
  • Internacional
  • Institucional
D. Besado DUVI 10/12/2018

Son mis de vinte. Cada un/unha ten os seu propios gustos e intereses, estudan en diferentes escolas e facultades do campus, pero todos e todas queren ser voluntarios e voluntarias, deixar de ser meros ontes e converterse en verdadeiros actores do cambio nas súas respectivas comunidades. Este luns, coincidindo coa celebracin do Da dos Dereitos humanos e do 70 aniversario da aprobacin da Declaracin Universal dos Dereitos Humanos, arrancou no campus de Vigo o curso Xoves para xoves, un proxecto de educacin en dereitos humanos e obxectivos de desenvolvemento sostible que chega agora por primeira vez a Galicia da man da Universidade, o Consello Social e a organizacin non gobernamental . Esta semana asistirn a un curso formativo da man de destacados especialistas e, tras esta preparacin, chegar o momento de pr en prctica todo o aprendido exercendo de voluntarios e voluntarias en diferentes centros escolares de toda a provincia.

A inauguracin do curso, celebrada na sala 1 do edificio Miralles, contou coa participacin das vicerreitoras de Responsabilidade Social, Internacionalizacin e Cooperacin, Mª Isabel Doval, e de Captacin de Alumnado, Estudantes e Extensin Universitaria, Natalia Caparrini, as como dunha representantedo Consello Social, Mª Elvira Larriba, e da presidenta de Helsinki Espaa-University Network, Ana Nieto, aos que se sumou, va videoconferencia, Pablo Espiniella, especialista na formacin de dereitos humanos. Todos coincidiron en destacar a importancia deste tipo de proxectos nos que, a través da formacin, a sensibilizacin en valores e o voluntariado xuvenil, se contribúe ao desenvolvemento dunha cultura na que nenos e nenas, mozas e mozos, sexan mis conscientes dos seus propios dereitos e das súas obrigas con respecto aos demais, “favorecendo as o seu desenvolvemento como membros responsables dunha sociedade global, interdependente, libre e pacfica, pluralista e inclusiva”.

1º unha fase formativa, logo accin nas aulas

O curso desenvolverase en dúas fases. Primeiro hai un perodo formativo, que arrancou hoxe e se prolongar ao longo de toda a semana, e logo ter lugar unha segunda fase de accin nas aulas, na que as voluntarias e voluntarios darn sesins a escolares de entre 5 e 18 anos en distintos colexios e institutos da provincia. Farano “a través dunha metodoloxa moi participativa e facendo uso de dinmicas e xogos, educando en valores aos nenos e nenas”, salientaron dende a ONG, ao que engadiron que nestas sesins nos colexios traballaranse, sobre todo, “os valores da tolerancia, non discriminacin e igualdade”, abordando especificamente “os dereitos da infancia, das persoas en situacin de exclusin social e da poboacin inmigrante e refuxiada”.

Desde o punto de vista do profesor Xosé Mª Mahou, director da Área de Responsabilidade Social e Cooperacin da Universidade, esta actividade chega a Vigo polo convencemento do novo equipo de goberno da necesidade de abrir a Universidade s entidades sociais e colaborar conxuntamente na realizacin de actividades aproveitando sinerxas. “Un aspecto que preocupa Vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalizacin e Cooperacin é a formacin do noso estudantado para afrontar tarefas de voluntariado. Cremos que o fomento dos dereitos humanos, presente de forma transversal na Axenda 2030 da ONU, debe formar parte do plan de formacin das persoas voluntarias da 鶹 e, neste senso, contar coa experiencia acreditada da ONG Helsinki para co-organizar o curso supuxo un salto cualitativo hora de afrontar o seu deseo”, recalcou Mahou, quen valorou moi positivamente a reposta do alumnado “a pesar de estar nunhas datas que coinciden co inicio dos exames en varias titulacins”.

Ao longo de toda a semana e en horario de tarde, as persoas matriculadas no curso abordarn aspectos como os principios de dereitos humanos, valores subxacentes e proteccin; principais textos reguladores e a súa proteccin; Axenda 2030, correlacin entre os dereitos humanos e os obxectivos de desenvolvemento sostible; regulacin e sostibilidade en pesca e actividade martima; emprego infantil e piratera no mbito pesqueiro; acoso e redes sociais; desigualdade e pobreza; igualdade de xénero e de oportunidades...

Coloquio sobre voluntariado no Marco

Ademais da inauguracin deste curso, a Vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalizacin e Cooperacin, organizou tamén este luns, neste caso en colaboracin co Concello de Vigo, o coloquio O Voluntariado como actor de cambio, que se levou a cabo no saln de actos do Museo de Arte Contempornea de Vigo, Marco. Moderado pola vicerreitora, Mª Isabel Doval, e o concelleiro da Área de Emprego, Economa, Industria, Voluntariado e Relaciones cos Sindicatos do Concello de Vigo, Santos Héctor Rodrguez, a actividade xirou en torno importancia do papel das persoas voluntarias nas organizacins do terceiro sector, e nel contouse coa participacin de Ramn Ilarri, voluntario cultural; Marisé Pérez, vocal do comité local de Unicef e colaboradora en diversas accins en entidades culturais e veciais; Rosa Camia, voluntaria en diversas entidades; Cristian Fernndez, voluntario de Proteccin Civil e actual presidente desta entidade; Belén Fernndez Feijo, profesora de Contabilidade de Custos na 鶹 e colaboradora habitual de Aldeas Infantiles e a Fundacin Mozambique Sur e as alumnas da 鶹 Almudena Trillo e Camino Romera, ambas as dúas con experiencia en temas de voluntariado social.