Ata finais de xullo co gallo de curso 'Malas mulleres. Arquetipos femininos no terror'
Bruxas, vampiras, súcobos e nais monstrosas apodéranse do edificio Redeiras este vern
A docente Xiana Vazquez afonda en sete modelos con ampla presenza no cinema
“Os arquetipos femininos no terror estn profundamente infludos por discursos sobre o rol das mulleres no espazo doméstico, na familia, na parella ou na sexualidade”, sinala Xiana Vzquez Bouz, docente do Departamento de Filoloxa Inglesa, Francesa e Alem da 鶹 e directora do curso Mala muller. Arquetipos femininos no terror. Ata finais do mes xullo case unha vintena de persoas participarn no edificio Redeiras neste curso de extensin da 鶹, no que Xiana Vzquez afondar en sete arquetipos, “escollidos pola súa ampla presenza no cinema de terror, anda que tamén noutros xéneros”, que explica que seleccionou porque pensa que “dialogan moi ben uns cos outros, por exemplo a pantasma é moitas veces a bruxa vez, ou as pelculas de posesin, que adoitan ter representacins importantes sobre maternidade”.
A bruxa, a nai do terror, a rapaza final do cinema slasher, a posuda, a vampiras, a pantasma e os súcubos protagonizarn as oito sesins do curso que comezou este luns coa introducin ao xénero do terror e os estudos feministas sobre o xénero, para logo centrarse no arquetipo da bruxa. “Persoalmente estes temas apaixnanme e tia moitas ganas de compartilo nun formato coma e este curso de vern e pola parte mis académica, apetecame reivindicar o xénero do terror, dado que adoita ter menos presenza nos currculos académicos, e ofrecer este espazo onde aprender, debater e conversar sobre estes personaxes”, explica Xiana Vzquez sobre razns que a levaron a organizar esta formacin de vern e s que engade que “desde unha perspectiva feminista, o terror ofrece amplsimas posibilidades para entender e analizar criticamente certas construcins sociais patriarcais, véxase a figura da nai, as como as posibilidades de subversin feminista que propoen outras maneiras de habitar o mundo”.
Diferenzas nos arquetipos femininos e masculinos tamén no cine de terro
Centrada nos estudos feministas e os estudos crticos animais, aplicados a narrativas, sobre todo cinematogrficas, dentro dos xéneros do terror, gtico e ciencia ficcin, a directora do curso xa traballara con anterioridade na figura da bruxa, a vampira e nai, “de feito agora estou cun texto sobre a representacin da maternidade en cinema de ciencia ficcin en conexin coas tecnoloxas reprodutivas e de coidados.
Xiana Vzquez incide nas diferentes substancias entre os arquetipos femininos e masculinos no cine de terror, “en tanto que as construcins de xénero difiren tamén e compleméntanse no discurso binario sobre o xénero”. En tanto o xénero de terror aliméntase dos medos e preocupacins sociais do momento e que unha das ansiedades colectivas por excelencia é a que arrodea ao xénero: as construcins binarias do masculino e o feminino, a heteronormatividade, a estabilidade da familia nuclear ou o pnico moral sobre as transgresins de xénero, os arquetipos femininos no terror estn, segundo a directora do curso, profundamente infludos por discursos sobre o rol das mulleres no espazo doméstico, na familia, na parella ou na sexualidade.
“Por exemplo, as preocupacin sociais nos anos 60 sobre a familia e as novas tecnoloxas reprodutivas (coma a pldora anticonceptiva) deron lugar a toda unha tradicin de nais e proles monstruosas que comeza con Rosemary, de Rosemary’s baby. A figura da bruxa malvada é claramente unha anti-nai, unha muller que rexeita os roles establecidos e que pon en perigo o statu quo patriarcal. Nese sentido é no que son distintos dos masculinos. Porén, non debemos esquecer que os arquetipos masculinos vense infludos tamén polo xénero, e os constructos da masculinidade pdense atopar en arquetipos masculinos do cinema de terror coma o cientfico, o heroe protector, ou o pai”, detalla a docente e investigadora da 鶹.
