±Ê°ù±ð²õ±ð²Ô³Ù²¹³¦¾±²Ô

Imaxe de tres transportadores de ngulos


O Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxa (STEMbach) permite que o alumnado afonde no traballo das competencias matemtica e bsica en ciencia e tecnoloxa, mediante os elementos e os procedementos da investigacin e dos métodos cientficos, dun xeito rigoroso, ordenado e crtico, as como no desenvolvemento de investigacins propias.

STEMbach proporciona un contexto organizativo no que o estudantado mis motivado poder afondar nos seus estudos e o profesorado responsable das distintas materias ser quen de acadar a excelencia nos coecementos, cunha metodoloxa baseada na investigacin como principio esencial, realizar prcticas para coecer as aplicacins reais da ciencia e a técnica, as como adquirir unha formacin actualizada e autnoma que os estimule para os seus futuros estudos universitarios.

O estudantando que se incorpore ao STEMbach:

  • Cursar unha materia STEM extracurricular, en 1.º e 2.º de Bacharelato, que poder basearse no afondamento dalgunha ou dalgunhas das materias relacionadas con este mbito ou ter un enfoque interdisciplinario, cunha orientacin ao traballo na mellora das competencias comunicativas e dixitais. Ter unha carga lectiva semanal de 2 ou 3 horas.
  • Desenvolver un proxecto de investigacin, no segundo curso do bacharelato, relacionado coa materia ou materias de referencia deste bacharelato.
  • ¸é±ð²¹±ô¾±³ú²¹°ù actividades complementarias de formacin, dunha duracin mnima de 20 horas ao longo dos dous cursos, organizadas polo centro en colaboracin con universidades, entidades ou organismos investigadores ou persoas investigadoras de recoecida competencia; as como como conferencias, obradoiros ou proxectos.

  1. Promover a vocacin do estudantado cara investigacin cientfica e tecnolxica, mediante unha metodoloxa que lle facilita a incorporacin e adaptacin ao ensino universitario tendo en conta a perspectiva de xénero.
  2. Favorecer unha mentalidade cientfica, rigorosa, ordenada e crtica.
  3. Facilitar no proceso de aprendizaxe do estudantado o desenvolvemento de competencias transversais como a creatividade, o sentido da iniciativa e o emprendemento, a resolucin de problemas, traballo en equipo, o pensamento crtico e a cidadana global.
  4. Mellora das destrezas comunicativas e expresivas (orais e escritas), tanto nas linguas cooficiais como nas linguas estranxeiras presentes na etapa educativa, con énfase na comunicacin e divulgacin cientfica.
  5. Traballar en contextos que favorezan un pleno desenvolvemento das competencias dixitais.
  6. Proporcionar unha relacin mis estreita entre o profesorado e o estudantado co fin da elaboracin de investigacins de xeito conxunto, facilitando unha aprendizaxe do estudantado eficaz e cada vez mis autnomo.

STEMbach comprende dous cursos académicos que se corresponden co primeiro e segundo curso da etapa e ter unha duracin mnima de dous cursos. O estudantado incorporado a este bacharelato no primeiro curso ten asegurada a súa continuidade ao segundo, no caso de promocionar. Ademais, o estudantado cursar, a todos os efectos, calquera das modalidades (Ciencias, Humanidades e Ciencias Sociais ou Artes) do bacharelato.

O principio metodolxico bsico do STEMbach é fomentar o pensamento cientfico e o enfoque prctico de indagacin e resolucin de problemas, a través da realizacin dun proxecto de investigacin. Deste xeito o estudantado integrar como parte do seu desenvolvemento formativo competencias que lles permiten elaborar, expoer e argumentar de forma razoada estes traballos como resultado da posta en prctica dunha metodoloxa cientfica.

STEMbach inclúe a realizacin dun traballo de investigacin que deber ser co-dirixido por unha persoa docente, pertencente a un departamento universitario ou entidade de investigacin. Este traballo ser obxecto de defensa pública ante un tribunal no que formar parte unha persoa da entidade de investigacin ou departamento universitario colaborador no proxecto, diferente da que co-dirixe o traballo.

Este proxecto de investigacin ser unha ferramenta de aprendizaxe útil para que o alumnado poda iniciar as súas actividades de investigacin, escritura e exposicin oral. Desde unha perspectiva metodolxica acadar o obxectivo dunha formacin prctica en contidos, a iniciacin investigacin e permitir experimentar cos diferentes métodos de investigacin ou de anlise, favorecer o pensamento crtico e creativo, o interese pola investigacin a tecnoloxa e a innovacin e a capacidade de anlise e reflexin, entre outros.

O proxecto de investigacin poder ser sobre calquera mbito de coecemento e realizarase individual ou colectivamente, neste caso o número de participantes non ser maior de 4. 

O proxecto deber estar co-dirixido por unha persoa docente pertencente a un departamento universitario ou entidade de investigacin de Galicia e ser titorizado polos docentes que impartan a materia de afondamento STEM.

O proxecto contar, polo menos, cos seguintes apartados: portada, introducin, contextualizacin e xustificacin da investigacin realizada, materiais e métodos, resultados e conclusins (inclundo unha reflexin sobre o proceso de investigacin) e proposta de continuidade; deber ter unha extensin mxima de 10.000 caracteres con espazos (sen contar anexos) no caso de ser individual e ata 20.000 se é colectivo.

Con anterioridade ao inicio do segundo curso faranse públicos os criterios de avaliacin e cualificacin, que se basearn no proceso, na memoria escrita e na exposicin oral. Esta exposicin ter un peso do 30% da cualificacin final que se asigne ao proxecto.

O alumnado realizar unha defensa do traballo en sesin pública e en perodo lectivo antes do da 1 de maio do curso académico. Ter unha duracin mxima de 15 minutos no que se expoer o labor realizado, a metodoloxa aplicada, o contido e as conclusins.  A seguir, abrirase un espazo de debate de ata 15 minutos para as cuestins que poida expor a comisin avaliadora.

Esta comisin avaliadora do traballo de investigacin estar composta pola persoa directora do centro educativo ou persoa en quen delegue, a persoa coordinadora do programa e unha persoa da entidade de investigacin ou departamento universitario colaborador no proxecto, diferente da persoa que co-dirixe o traballo.


Podes ampliar informacin sobre o proxecto na web da .

Mis informacin

Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 586
stembach@uvigo.es