O grupo presentar o 12 de decembro no campus o seu traballo ‘Bailando as rúas’

Xiana Lastra, vocalista de A banda da Loba: “Cremos realmente na necesidade de que haxa referentes femininas na nosa música”

Nun concerto da programacin cultural do primeiro cuadrimestre

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Cultura
  • Lingua Galega
  • ú
  • Cultura
Mª del Camen Echevarra DUVI 07/12/2018

Caleidoscpico, ecléctico ou heteroxéneo son algúns dos cualificativos outorgados producin musical de A banda da Loba, o quinteto nacido hai dous anos da man de Xiana Lastra (voz), Andrea Porto (baixo) e Marcela Porto (percusin) e ao que mis tarde se sumaran Inés Mirs (guitarra) e Estela Rodrguez (violn). Cun único traballo no mercado, Bailando as rúas, A Banda da Loba chegar o vindeiro mércores ao teatro Vidal Bolao de Cidade Universitaria cun concerto no que público “atopar compromiso, diversin, emocin e moita música. Tentamos que os nosos concertos sexan lugares sen barreiras onde a xente se sinta implicada e goce todo o posible coa nosa música, como tamén facemos ns”, explica Xiana Lastra, sobre a actuacin que comezar s 18.30 horas e que o público poder asistir de balde, co único lmite do aforo do teatro.

A vocalista da banda lembra que o grupo formouse a partir dun proxecto anterior que emprendera xunto a Andrea e Marcela e outras persoas, "pero que non frutificou", e foi coa incorporacin de Estela e Inés, que por fin puido ver a luz A banda da Loba. “Cremos realmente na necesidade de que haxa referentes femininas, sobre todo instrumentistas, na nosa música, e Inés e Estela eran totalmente o que estabamos buscando musical e persoalmente”, explica Xiana, que asegura que o grupo crea as cancins que lle apetece “distancindonos dos corsés e como mellor nos atopamos é enriba dun escenario ou compoendo. Penso que esta ilusin por facer o que nos gusta é o que se acaba transmitindo cara fra”. A sonoridade e un estilo que as propias integrantes do grupo cualifican de “caleidoscpico porque é moi diverso”, artellan o universo musical que A banda da Loba despregar no concerto do vindeiro mércores, “no que podedes atopar desde un vals ou unha muieira a un tema rock ou country, e iso encntanos porque hai para todos os gustos”, asegura a vocalista da formacin.

Compromiso coa lingua e textos complexos envoltos en melodas pegadizas

Premio Ari(T)mar 2018 e finalista na categora de música de autor nos premios Martin Codax, A banda da Loba ofrecer a vindeira semana no concerto organizado pola Vicerreitora de Captacin de Alumnado, Estudantes e Extensin Universitaria un repertorio de seu baseado en letras da súa autora e musicalizacins de poetas célebres ou escritoras contemporneas a ritmo de rock, pop e folk. “Á banda da Loba defnea, por unha banda, o carcter reivindicativo e comprometido das nosas cancins coa nosa lingua, a nosa cultura e o contexto no que habitamos, as como vencellar música e poesa dun xeito pouco usual, que nos permite achegarlle textos complexos ao público envoltos en melodas pegadizas”, explica Xiana Lastra, que sinala entre os seus referentes musicais a Guadi, Mara Manuela e Mini e Mero en nun contexto mis amplo a Silvia Pérez Cruz e Salvador Sobral, “que anda me gusta mis desde que o coecimos tras gaar o premio Ari(T)mar”.

Novo traballo para finais de 2019

Tras meses presentando o seu primeiro traballo, o grupo xa est centrado nunha nova producin. “A idea é rematar de montar os novos temas antes da primavera de 2019 e entrar a gravar no vern, para que o novo disco saia a finais do ano que vén. Xa esta todo perfilado e temos moitas ganas”, avanza Xiana Lastra.