No II Congreso Internacional Carlos Fernndez-Nvoa que organiza a Área de Dereito Mercantil

Especialistas internacionais debaten en Vigo sobre as novas tendencias do dereito da competencia e a propiedade industrial

Con especial atencin ao Proxecto de Lei de proteccin dos segredos empresariais

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Congresos e xornadas
  • پܱ
  • Reitor
  • Աپ
M. Del Ro DUVI 22/10/2018

O II Congreso Internacional Carlos Fernndez-Nvoa naceu en 2016 para render unha homenaxe ao profesor da Escola Galega de Dereito Industrial da USC que lle d nome, que foi mentor de moitos docentes da Área de Dereito Mercantil da 鶹. Dous anos despois, o simposio volve ao campus de Vigo para debater sobre as novas tendencias do dereito da competencia e a propiedade industrial e farao hoxe luns e ma martes a través de 37 conferencias a e comunicacins e da man de ponentes destacados procedentes, por exemplo, da Universidade de Columbia, da UNAM de México ou da Organizacin Mundial da Propiedade Intelectual.

En total, preto dun cento de persoas participan nestas xornadas nas que se abordarn temas relacionados coa propiedade industrial e intelectual e o dereito da competencia dende diferentes perspectivas. Por exemplo, segundo indican os responsables da organizacin, os catedrticos Anxo Tato e Julio Costas, entre os principais retos no eido do dereito da competencia e da propiedade industrial est o Proxecto de Lei de proteccin dos segredos empresariais, que se atopa actualmente en tramitacin e a través do que se plantexa, por primeira vez no ordenamento espaol, un texto legal integramente dedicado proteccin dos segredos empresariais ao marxe da Lei de Competencia Desleal. Outro dos temas que se abordan neste congreso é a reforma do Dereito de marcas, “reforma recentemente aprobada a nivel comunitario e pendente de incorporacin ao ordenamento espaol, e que aborda cuestins tan transcendentais como, por exemplo, a posibilidade de que olores, sons ou outros signos que non son susceptibles de representacin grfica, sexan rexistrados como marca”. Tamén se analizarn as novas tendencias no réxime da publicidade difundida a través de influencers, e particularmente “as esixencias que deben formularse para que esta publicidade sexa suficientemente identificable como tal polas persoas consumidores s que se dirixe”. Finalmente, os especialistas participantes tamén afondarn nos dereitos de defensa das empresas nos procedementos que se sigan fronte a elas por prcticas anticompetitivas e, entre outras cuestins, “tamén certos aspectos de clusulas anticompetivas en contratos de distribucin ou os aspectos procesuais da Directiva de danos antitrust as como o seu impacto na denominada poltica de clemencia”.

Unha lembranza ao profesor Fernndez-Nvoa

No acto de apertura, celebrado na Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo, a súa decana,Almudena Bergareche, agradeceu o traballo dos directores do congreso, os catedrticos Anxo Tato e Julio Costas e dos responsables da organizacin, os profesores Pablo Fernndez Carballo-Calero e Francisco José Torres. Pola súa banda, o presidente da Comisin Galega da Competencia, Francisco Hernndez, lembrou a Carlos Fernndez-Nvoa, “cuxa figura sempre estivo presente” e este congreso é “un xeito modesto de devolverlle algo do moito que el nos deu”. O catedrtico Anxo Tato lembrou como na súa memoria do profesor Fernndez-Nvoa se fixo un acto puntual, que deu paso a unhas xornadas de estudo, que finalmente se acabaron convertendo neste congreso bianual, que celebrou a súa primeira edicin en 2016. “O noso obxectivo é honrar a memoria do que foi o mestre común de toda a Escola Galega de Dereito Industrial e demostrar o noso compromiso coa continuidade desta escola e manter vixente o traballo de investigacin e divulgacin que nela se leva a cabo, como un dos grandes referentes internacionais”, esforzo que tamén subliou o reitor da 鶹. Manuel J. Reigosa subliou o valor deste tipo de actos que “recoecen a vala intelectual dun compaeiro e recoecen o seu maxisterio”.

Fernndez-Nvoa foi tamén o fundador da revista Actas de Dereito Industrial e neste acto presentouse o volume 38 da publicacin, que conta cunha “longa historia e unha excelente indexacin no mbito xurdico” e ten moita difusin desde o punto de vista internacional, sobre todo en Iberoamérica e en centros especializados de investigacin no seu mbito, explican os responsables do congreso.

Conferencia sobre a nova regulacin dos segredos empresariais

José Antonio Gmez Segade, catedrtico emérito de Dereito Mercantil da Universidade de Santiago de Compostela, foi o encargado da impartir a conferencia inaugural do congreso, na que fixo unha reflexin sobre a actualizacin da proteccin do segredo industrial en Espaa como consecuencia do disposto nunha recente directiva europea de 2016. Segundo o docente, “o segredo industrial ou empresarial sempre foi un activo fundamental das empresas, polo seu valor en si ou como complemento das patentes” e remarcou que ter anda mis relevancia no futuro “conforme se vaia elaborando a proteccin dos macrodatos ou Big Data”.

Na súa intervencin fixo un percorrido no tempo, para explicar como na Unin Europea a falta dun réxime común sobre o segredo industrial provocaba “disfuncionalidades evidentes” que freaban proxectos cooperacin transfronteiriza. “Comezouse entn a preparar unha normativa común e, tras moitas polémicas polticas e sociais, aprobouse unha directiva europea en 2016 relativa proteccin dos coecementos técnicos e a informacin empresarial non divulgada (segredos comerciais) conta a súa obtencin, utilizacin e revelacin ilcitas”. A partir desta Directiva Europea, Espaa iniciou os traballos para desenvolver unha normativa propia. “O anteproxecto da Lei de Segredos Empresariais comezou a tramitarse en febreiro de 2018 e, segundo Gmez Segade, “agrdase que sexa aprobado antes de que finalice o 2018”. Entre as principais caractersticas do documento, puntualizada o catedrtico, est o feito de ser unha lei especial, “que posiblemente non sexa a mellor opcin das tres posibles, que inclúe cambios terminolxicos respecto da directiva europea tanto no texto coma no ttulo ou a súa amplitude, xa que anda que non se amplan os dereitos dos titulares de segredos a pesar de que a directiva europea é de mnimo, si se incorporan textos procedentes sobre todo da Lei de Patentes de 2015”. O profesor tamén destacou da lei espaola que ser unha peza do sistema normativo contra a competencia desleal e, tamén remarcou o equilibrio entre a proteccin dos segredos e a defensa dos dereitos fundamentais, dereitos dos traballadores e interese público.