Estase a celebrar no Centro de Congresos da Exponor de Porto

A edicin portuguesa da Finde.U reúne 150 empresas

Os das 23 e 24 deste mes celebrarase no Ifevi de Vigo

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Congresos e xornadas
  • Internacional
  • Universidade e empresa
  • Estudantes
DUVI 17/10/2018

150 entidades, entre empresas, asociacins profesionais e organismos públicos, participan entre onte martes e hoxe na Finde.U, Feira Internacional de Emprego Universitario, que se est a celebrar en Porto. A esta edicin portuguesa suceder a vindeira semana prxima a de Vigo, os das 23 e 24, no Ifevi.

A feira est organizada polas universidades de Vigo, Porto, Catlica Portuguesa – Porto e UTAD, co obxectivo de poer en contacto ao alumnado co mundo laboral, ofrecendo un punto de intermediacin profesional. Para isto, os estudantes e persoas tituladas poden achegarse aos responsables de recursos humanos de empresas de diferentes sectores e que se atopan na procura de persoal cualificado, ao tempo que as firmas comerciais da eurorrexin teen a oportunidade de coecer de primeira man as capacidades do estudantado formado na institucin académica viguesa.  En total, na Finde.U lusa ofértanse 4000 oportunidades laborais, tanto nacionais como internacionais, as como diversas opcins formativas das universidades implicadas para completar o perfil académico do alumnado.

Na procura dun primeiro contacto co mundo laboral

A feira foi inaugurada onte martes polo reitor da Universidade do Porto, Antnio de Sousa Pereira, e a vicerreitora de e Captacin de Alumando, Estudantes e Extensin Universitaria da 鶹, Natalia Caparrini, xunto con representantes do Centro Regional do Porto da Universidade Catlica Portuguesa e institucins parceiras do evento. No recinto feiral os visitantes poden achegarse aos postos de empresas e institucins de diferentes sectores, como tecnoloxas de informacin e comunicacin, enxeara, xestin, economa, mrketing e a industria. Entre as compaas presentes estn Continental, EDP, Segula, Sonae, Critical Software, Lactogal, Leroy Merlin, Fujitsu ou Deloitte. En total son preto de 150 expositores nos que o alumnado pode coecer as ofertas de emprego, entregar currculos, inscribirse en bolsas de colaboracin e formacin e informarse sobre programas de investigacin. Ademais, nesta edicin participan por primeira vez unha decena de startups, como MyDidimo, Strongstep ou SWORD Health, relacionadas principalmente co eido das tecnoloxas. 

Na edicin 2017, a Finde.U de Porto reuniu 100 empresas e contou coa participacin de arredor de 3000 estudantes e persoas tituladas, polo que a organizacin agarda que esta nova cita sexa mis numerosa, xa que se conta con mis compaas e organismos participando.