O Campus Universitario Ourense sitúase segundo de grupo na divisin de honra B

O equipo de rugby suma unha vitoria fronte ao AVK Bera Bera RT

O Auriense FG gaou o seu primeiro partido desta tempada na liga galega de fútbol gaélico

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • Ourense
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 01/10/2018

O Campus Universitario Ourense de rugby disputou este domingo o seu terceiro encontro de liga contra o AVK Bera Bera RT. Os ourensns gaaron 50 a 17 aos vascos nun encontro que os sitúa, con dúas vitorias e unha derrota no que vai de competicin, no segundo posto do grupo A da divisin de honra B do rugby estatal.

“O partido empezou cun ensaio aos dous minutos de comezar por parte de George Stratton e transformado por Sam. As cousas empezaba ben e seguiran mellor cando, dous minutos mis tarde, chegara outro ensaio da man do 15, Sam, que esta vez non transformara”, comentan desde o club. Os xogadores ourensns, sinalan, “saron a xogar con boa actitude e ganas tras a mnima derrota unha semana antes ante Getxo por 22 a 23”.

Segundo indican desde o club, o Campus Universitario Ourense, “xogou a gusto e defendeu bastante ben anda que o hndicap segue sendo os golpes de castigo. O equipo visitante non puido coa mquina ourens anda que loitaron con garra e con actitude para tentar conseguir o seu cuarto ensaio bonus pero os do Campus non o permitiron”. A mala sensacin da semana anterior, recalcan desde o equipo, “transformouse nun xogo vivo, incisivo, con tres cuartos que fixeron traballar moito defensa visitante e uns dianteiros que permitan bos balns para o tres cuartos”.

Inicio da liga de fútbol gaélico

Polo que respecta ao fútbol gaélico, o equipo masculino do Auriense FG arrancou a liga galega 2018/2019 visitando aos Ártabros da Corua o domingo, acadando como preva unha vitoria cun marcador final de Ártabros 2-15 (21) Auriense 8-03 (27). Ademais, o sbado, e conclundo a semana de difusin do gaélico organizada polo club, celebrouse en Oira un triangular feminino entre o Auriense, o Keltoi de Vigo e o Estrela Vermella de Santiago de Compostela.