Este xoves inaugurouse unha mostra do artista Xosé Vilamoure

Os animais en perigo de extincin 'humanzanse' en Alterarte

Est comisariada por Ángel Cervio

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Arte
  • Cultura
  • Cultura
Rosa Tedn DUVI Ourense 20/09/2018

Diferentes tipos de primates, lémures, osos … un amplo catlogo de animais en perigo de extincin veen de ocupar os muros da sala de arte contempornea do campus de Ourense Alterarte. Nunha exposicin de Xosé Vilamoure toman o lugar do ser humano para deixar patente a “delirante visin da nosa relacin cos animais”, segundo explica o propio creador.

A mostra, que estar aberta ao público ata o 16 de novembro, foi inaugurada este xoves por Esther de Blas, vicerreitora do campus de Ourense; Xosé Manuel Buxn, director da Sala Alterarte; o artista Xosé Vilamoure e o curador Ángel Cervio. Sinalando como unha vez mis Alterarte se transforma para acoller a proposta artstica dun creador, Xosé Manuel Buxn destacou como Alterarte cumpre 14 anos de vida acollendo unha “obra fermossima” que forma parte “dun proxecto tan elegante” como o creado por Xosé Vilamoure Animais en Perigo de Extincin. A súa exposicin chega o campus como parte do proxecto expositivo de Alterarte Estado Crtico 4, no que 13 comisarios escollen outros tantos artistas para amosar a súa obra nesta sala.

Pola súa banda, Esther de Blas subliou como a Sala Alterarte “quere ser unha fiestra para todos os artistas galegos”, agradecendo a implicacin e “o traballo ben feito” das persoa que traballan no seu desenvolvemento. Neste mesmo senso, Ángel Cervio subliou “a importancia de salas coma esta, un núcleo de resistencia fronte ao desmatelamento do sistema da arte galega”. Sobre a eleccin do artista, o curador destacou a calidade das series de Vilamoure, lembrando como coeceu a súa obra no ano 2015.

Cadros e figuras

Segundo explicou o artista antes da inauguracin, a exposicin est formada por unha seleccin de obras da súa serie Animais en Perigo de Extincin, formada por arredor de 70 obras e exposta en parte en 2011 no Centro Cultural Marcos Valcrcel. Tendo en conta este referente, Sala Alterarte Vilamoure trouxo once dos cadros desta serie, catro deles que non foron expostos anteriormente, e unha instalacin de 78 de 101 pequenas figuras de barro sen cocer feitas para esta mostra.

Sobre os cadros expostos, Xosé Vilamoure sinalou que reflicten “animais en perigo de extincin humanizados” abordando a apropiacin do home sobre eles. A serie, apuntou, iniciouna a principios do ano 2008 no seu estudo en Vilamoure despois de ver nunha revista dominical dun xornal un artigo no que saan as imaxes de catro monos en perigo de extincin. “Ao da seguinte empecei a pintar, comezando por eses catro monos”, indicou o artista. As escenas que reflicten os cadros, apuntou, abranguen desde unha voda saúda dun papa ou cardeal e son todo escenas baseadas en fotografas que o artista recolleu de xornais ou revista de todo tipo, sempre “buscando unha imaxe potente, que fose forte e que encaixara co animal”. En definitiva, nelas, o animal aprpiase dunha escena da vida humana. Sobre a execucin técnica, o creador ourensn destacou desta serie, feita sobre papel e en esmalte acrlico, a evolucin do detalle, desde os trazos de fondo moi soltos ata o preciosismo das facianas dos animais.

Sobre a instalacin de barro, Vilamoure apuntou como se baseou en imaxes de animais en perigo de extincin vistos en Internet, reproducindo as súas cabezas. A eleccin do material, comentou, pretendeu xogar coa “simboloxa do barro sen cocer, a fraxilidade do barro pero tamén a dos animais en perigo de extincin”. Completa a mostra un poema de José Martn Carmona titulado Comedia da extincin.