A Biblioteca acolle unha mostra de obras libres de estereotipos de xénero

Exemplos dunha literatura infantil non sexista

No marco das actividades do proxecto europeo Gender Identity

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Ourense 19/09/2018

Durante este mes de setembro, o recuncho temtico de fomento da lectura situado na entrada da Biblioteca Rosala de Castro do campus de Ourense acolle unha mostra de libros infants, dirixidos a nenas e nenos de entre 3 e 10 anos, non estereotipados e non sexistas. A exposicin, que pode visitarse ata o da 1 de outubro, é unha das actividades do proxecto europeo Gender Identity: Child Readers and Library Collections, G-Book, no que participa a Âé¶¹¹û¶³.

A mostra itinerante, que estivo previamente na Facultade de Filoloxa e Traducin do campus de Vigo, est organizada polo grupo de investigacin Literatura Infantil Angloxermana e a súa Traducin. No campus de Ourense contou ademais co apoio da profesora de Ciencias da Educacin Isabel Mocio, ademais do persoal da biblioteca universitaria. Entre o amplo abano de arredor de 60 publicacins que forman a exposicin, as persoas interesadas poden consultar neste recuncho libros en diferentes linguas e ttulos, como Mi primer libro sobre ellas, de Marta Rivera e Cecilia Varela; Un mis, de Olalla Gonzlez e Marc Taeger, ou Familias, de Vernica Snchez, Alejandra Victoria Snchez e Marina Mayor. A exposicin pecharase o 1 de outubro coa celebracin dunha sesin de contacontos no propio centro.

O proxecto europeo Gender Identity: Child Readers and Library Collections, G-Book, liderado pola Universidade de Bolonia (Italia) conta coa participacin das universidades, ademais da Âé¶¹¹û¶³, da de Paris 13 (Francia), Dublin City (Irlanda), a Biblioteca Pública de Sarajevo e a Regional Library Veliko Tarnovo (Bulgaria). O obxectivo deste proxecto, que obtivo fondos da Unin Europea a través da accin Creative Europe - Media, é a creacin dun catlogo interactivo de libros para público infantil nos que texto e ilustracins se aproximen ao xénero e s súas formas (familias homoparentais, xogos non adscritos a nenos ou nenas, profesins abertas a homes e mulleres...) dun xeito natural, sen tabús e cunha finalidade integradora.

Ìý