Celebrado ata onte mércores na cidade francesa de Cherbourg
Vigo acada o noveno posto no Mundial Universitario de Vela
Tras cinco das de competicin na cidade francesa de Cherbourg , o Mundial Universitario de Vela baixa o pano e deixa un bo sabor de boca para a 鶹, que acadou o noveno posto da clasificacin xeral. O equipo, composto por Alberto Basadre, Pedro Martnez, Rodrigo Rodrguez e Kevin Figueiras e adestrado por Hugo Fernndez, participaba por primeira vez nesta competicin internacional, tras obter o pase ao proclamarse subcampins de Espaa Universitarios, tras a Universidade da Corua.
Nesta cita mundial invertéronse os postos, quedando o equipo vigués noveno e o corués décimo cuarto. O podio quedou conformado por un equipo australiano co ouro e dous franceses coa prata e o bronce. Como explica o adestrador vigués nesta competicin participaron dez pases (Espaa, Corea do Sur, Austria, Xapn, Italia, Singapur, Australia, Holanda, China e Francia) con varios equipos de diferentes universidades por cada un deles en embarcacins J80. Hugo Fernndez fai unha valoracin moi positiva da participacin viguesa nesta cita, na que representaban a Espaa. “Nos primeiros das demos un gran nivel, pero foi difcil de manter durante todas as xornadas da competicin; son moitas probas e o nivel no grupo Ouro era alto, na fase final sobre todo, con pases como Australia Francia ou Xapn”, recoece.
Coa vista posta na Universiada 2019
Esta foi a primeira vez que a Universidade viguesa puido participar na mxima competicin mundial universitaria de vela e para o adestrador olvico foi unha oportunidade única. “Deportivamente srvenos para seguir crecendo como regatistas e a nivel persoal foi unha grande experiencia, realmente paga a pena, a regata foi excelente, con moi bo ambiente todos os das e unha moi boa organizacin, calidade en todos os sentidos”. De cara ao futuro mis prximo, o equipo vigués fxase un novo reto, “tras participar por primeira vez no mundial universitario, seguiremos traballando para poder participar na Universiada 2019 en Npoles ou repetir na cita mundial en Italia en 2020”.
Pero este tipo de eventos tamén adoitan servir para coller exemplo doutos pases, e neste sentido Hugo Fernndez demanda maior apoio para este deporte. “Paga a pena e é importante apostar pola vela universitaria”, como xa se fai noutros lugares, como por exemplo Francia, onde segundo explica “é moi importante para a comunidade e o deporte universitario”.




