A alumna Laura Santos é a co-directora dun documental dixital sobre as feiras en Galicia
Unha ollada interactiva a un mundo tradicional
O proxecto financiouse cunha bolsa do Colexio de Xornalistas
“Un espazo como a feira non poda quedar nunha peza audiovisual tradicional”, sinala Laura Santos, alumna do mster en Direccin de Arte Publicitaria da Facultade de Ciencias Sociais e da dzܲԾ e directora, xunto a Jorge Vzquez, de , un documental que se achega realidade das tradicionais feiras que se desenvolven nas vilas e cidades de Galicia desde un formato interactivo. Premiado coa segunda bolsa Nacho Mirs, do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, este proxecto viu luz a través da rede, nun formato web que posibilita ao espectador “decidir por onde quere seguir o seu camio virtual polas feiras do pas”, visionando dunha forma non lineal as súas diferentes partes, ao tempo que achega, como sinala Santos, unha “potencialidade de crecemento” e de integracin de novos contidos do paso do tempo.
“Entendamos que a feira hai que vivila e a través do formato web podamos crear unha atmosfera con todas as caractersticas salientables do que entendamos como feira”, salientan os responsables dun proxecto que naceu do seu interese por afondar “no punto no que se atopan” na actualidade uns mercados que, sinala Santos, son tamén un “espazo de intercambio e convivencia”. Nese senso, os responsables do documental, ambos titulados en dzܲԾ Audiovisual pola Universidade da Corua, inciden en as feiras non figuran habitualmente “na axenda informativa” a pesares de representar un espazo de intercambio comercial, social e cultural que constitúe “un elemento central da sociedade galega, especialmente no rural”.
Diferentes visins en oito feiras
As feiras de Melide, Betanzos, Mondoedo, Reigosa (A Pastoriza), Monterroso, Paiosaco (A Laracha), Moaa e Castrelo de Mio son os oito escenarios dun documental producido grazas axuda do Colexio de Xornalistas, entre os meses de xullo e febreiro. Documental no que, sinala Santos, buscaban reflectir “ese cctel” que se pode atopar nos postos dos diferentes mercados, marcado pola “convivencia do tradicional coas novas incorporacins”, a través das verbas das e dos feirantes. As, o audiovisual recolle tanto testemuos que amosan que “lonxe quedan as feiras ateigadas de xente e os grandes mercados de gando”, pero tamén o “optimismo e alegra” de, por exemplo, “novos labregos emprendedores”; vez que se detén tanto en grandes feiras como a de Santos en Monterroso ou as San Lucas de Mondoedo, con outras recuperadas en pequenas localidades.
Un formato “complicado”
Mis al do seu potencial para medrar a través da “colaboracin social” que faga posible a integracin de novos contidos e da contribucin a preservar nunha “memoria dixital” relatos “que antes ou despois desapareceran”, Santos recoece tamén que a aposta por este formato interactivo fai “complicado” a súa difusin. “Anda non hai moitos festivais que tean categora especfica para presentalo e tampouco existen moitas iniciativas nas que poidamos amosalo tal e como existe”, sinala. “O certo é que todo o feedback que recibimos foi positivo, pero tamén é certo que o formato custa introducilo porque estamos acostumados a un consumo exprés e pérdese o de sentarse un anaco a explorar un contido”, engade a codirectora deste documental, que no presente curso optou por ampliar a súa formacin achegndose “a outra rama profesional”, como é a publicidade nun mestrado que, recoece, “ampla horizontes e alimenta a creatividade grazas ao ambiente que nos rodea na clase”.




