25 N
Da Internacional contra a Violencia de Xénero
A violencia contra as mulleres polo feito de ser mulleres é un feito social que impregna as sociedades do século XXI, tanto fra de liacomaen lia. Esta realidade criminal e condeable ademais esta perpetuar a ordepoltica patriarcal sinalando os poderes e os privilexios da masculinidade fronte feminidade. Precisamos dunha nova pedagoxa igualitaria que favorezaun novo contrato sexual a través da senda dos afectos que traballe a favor da equidade e dos dereitos humanos.
Co gallo da celebracin do Da Internacional para a Eliminacin da Violencia contra as Mulleres, a 鶹 convoca a súa comunidade a participar nos dous minutos de silencio polas vtimas. O acto desenvolverase o 25 de novembro,s 12.00 horas, diante do edificio Ernestina Otero.
Manifesto da RUIGEU
As unidades de igualdade que conformana Rede de Unidades de Igualdade de Xénero das Universidades Espaolas para a Excelencia Universitaria (RUIGEU)emitencada ano un comunicado conxunto para celebrar o Da Internacional pola Eliminacin da Violencia contra as Mulleres:
Manifesto da CRUE
Manifesto de CRUE Universidades Espaolas pola eliminacin da violencia contra a muller
Madrid, 25 de novembro de 2020
Na Declaracin sobre a eliminacin da violencia contra a muller, en 1993, Nacins Unidas definaa como «todo acto de violencia con base na pertenza ao sexo feminino que tea ou poida ter como resultado un dano ou un sufrimento fsico, sexual ou psicolxico para a muller, as como as ameazas de tales actos, a coaccin ou a privacin arbitraria da liberdade, tanto se se producen na vida pública como na privada». Sen dúbida, a violencia contra as mulleres é a expresin mis dramtica da desigualdade de xénero no mundo e, desde a IV Conferencia Mundial sobre a Muller celebrada en Pequn en 1995, est considerada como un dos principais temas de preocupacin mundial que tanto a normativa internacional como a europea e a estatal foron incorporando. As violencias contra as mulleres son tamén unha ameaza para a saúde pública mundial e, en condicins de emerxencia como a actual pandemia covid-19, tenden a aumentar. Ante estas circunstancias, as universidades deben poer énfase en facer visible a persistencia das violencias e en paliar o seu impacto.
As aulas e os campus universitarios, como espazos de relacin, son o reflexo da sociedade na que se desenvolven, e traballamos cada da para que nelas non se reproduzan as diferentes formas de violencia, desigualdade e discriminacin, consecuencia das relacins asimétricas de poder entre homes e mulleres. Se temos en conta que unha grande parte das agresins non se denuncia, o que contribúe a unha falsa percepcin sobre o puntual ou espordico do problema, os gobernos universitarios non o minimizamos. Visibilizar a persistencia das devanditas violencias e actuar de forma contundente contribúe erradicacin destas conductas.
Os equipos de goberno das universidades esforzmonos en chegar a toda a comunidade universitaria para que interiorice a nosa postura contra as violencias machistas. Loitamos contra o descoecemento das estruturas de apoio disposicin da persoa que sofre unha agresin machista e contra a normalizacin das condutas sexistas, o sentimento de culpa e o medo a denunciar das vtimas. Tamén corriximos, na medida das nosas posibilidades, a falta de mentoras ou de acompaantes e tratamos de axilizar uns procedementos de excesiva complexidade, conscientes de que tanto a hostilidade do agresor e do seu entorno como os efectos perversos que a denuncia pode implicar na carreira profesional ou académica da vtima axudan invisibilizacin deste tipo de violencias no seo das universidades. Avanzamos moito, pero somos conscientes de que anda quedan moitas cousas que mellorar.
O compromiso firme e contundente nas declaracins institucionais contra a violencia machista, a formacin e a sensibilizacin na materia para todo o persoal que traballa nas universidades, especialmente a formacin especfica das persoas que integren as comisins derivadas dos protocolos de actuacin ante o acoso sexual e por razn de sexo, son instrumentos esenciais para loitar contra as violencias machistas dentro das universidades. Igualmente importantes son a difusin e a proxeccin do traballo das unidades de igualdade como estruturas universitarias orientadas a loitar contra as agresins machistas e os protocolos de actuacin fronte ao acoso sexual e por razn de sexo sinxelos e con procedementos xiles e non disuasorios nin revitimizadores para quen sufra unha agresin desta natureza.
Para isto é imprescindible que as universidades dispoan de recursos humanos e materiais suficientes e permanentes, resultado dunha distribucin equitativa e racional dos recursos do Pacto de Estado (accin oitava), que faciliten a realizacin de estudos e de informes de impacto dos diferentes indicadores de acoso e agresins no seu mbito de competencia.
As universidades somos xeradoras e transmisoras de coecemento e de valores e asumimos a nosa responsabilidade como referentes sociais no compromiso de facer efectivo o principio de igualdade e a erradicacin das violencias contra as mulleres. Non dar as costas realidade é o primeiro paso. Para as universidades, contribur a un mundo mis xusto é tanto un reto coma un deber inescusable.
Plulas de igualdade
Co gallo do25N, a Unidade de Igualdade da 鶹 receita algunhas “plulas de igualdade”. O obxectivo é a prevención da violencia machista e a sensibilización ao estudantado sobre o uso inaxeitado das novas tecnoloxías, con especial fincapé na exercida a través das redes sociais nas súas diferentes vertentes (stalking, sexting, groomingetc.). Como teln de fondo, os estereotipos e as violencias contidas nos mass media e na cultura mainstream.
Axúdanos a espallalas!
Non sexas cmplice
Para acabar coa violencia contra as mulleres no mbito dixital todos debemos actuar. Non sexas cmplice!
Estamos observndote
A violencia contra as mulleres é algo estrutural e simblico e as redes sociais son un mbito onde se estn concentrando.
Slutshaming
Criticar, culpabilizar e sinalar as rapazas por portarse de xeito percibido como promiscuo ou fóra dos roles de xénero, o que se penaliza sen o seu consentimento. O que pasa na festa, queda na festa ;-)
Cultura da violacin
Este termo fai referencia s formas nas que a sociedade culpa as vtimas e normaliza a violencia sexual, desde as formas mis suts (micromachismos, abusos...) s mis explcitas (maltrato, violacin, asasinato...) hai unha serie de chanzos que non debemos consentir. Non mires para outro lado!
Control
Controlar o que fai a túa parella nas redes sociais, preguntar por que lle deu Gústame a alguén ou por que puxo unha foto en biquini... Non é controlar en igualdade.
Tamén houbo mulleres!
Ao mellor non veen nos libros nin no temario, pero tamén houbo mulleres cientficas con mentes brillantes que contriburon a grandes achdegos e foron silenciadas por razn de xénero. Sexas profe ou estudante, animmoste a buscalas e reivindicalas.
Sexting
Difundir entre outras persoas imaxes con contido ertico que alguén che enviou a ti e s a ti est castigado pola lei. Non sexas chungo!
Opinins e actitudes dos homes da comunidade universitaria ante as violencia contra as mulleres
A Comisin Europea e o Instituto da Muller
A Comisin Europea e o Instituto da Muller comparten ofirme compromiso para erradicar a violencia contra as mulleres derivadado sistema patriarcal mediante estudos, accins, campaas de sensibilizacin e actividades en xeral. Estas son algunhas delas:
Mis informacin:
Unidade de Igualdade
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 419
ċċċċċigualdade@uvigo.gal




