Da dos Dereitos Humanos 2024

鶹 – Social responsability agenda 2030 12/12/2024

Cada 10 de decembro celébrase o Da dos Dereitos Humanos. Foi elixido como da de celebracin porque nesta mesma data, no ano 1948 en Pars, a Asemblea Xeral das Nacins Unidas aprobou e proclamou a Declaracin Universal dos Dereitos Humanos. Esta declaracin marcou un fito na historia da humanidade pois, por primeira vez, recoécese que os dereitos dos seres humanos deben de protexerse no mundo enteiro.

A Declaracin Universal dos Dereitos Humanos inspirou a celebracin de numerosos tratados internacionais, est traducida a mis de 577 linguas e constitúese como un piar fundamental no que basearse, para desenvolver os 17 obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) que conforman a Axenda 2030.

O lema elixido para este ano «Os nosos dereitos, o noso futuro. Xa!» incide en que os dereitos das persoas son esenciais para acadar sociedades mis xustas, igualitarias e sostibles e para permitir que as persoas poidan vivir con dignidade e con respecto.

A educacin ten un papel clave como catalizadora dos dereitos humanos, de feito a propia declaracin de 1948 recolle que «aeducacin ter por obxectos o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o fortalecemento do respecto polos dereitos humanos...». Nas universidades podemos contribur ao respecto dos dereitos humanos en lia coa mxima da Axenda 2030 «de non deixar a ninguén atrs» integrando os ODS e o enfoque de dereitos humanos nas principais funcins da universidade: a docencia, a investigacin e a transferencia.

Este 10 de decembro reflexionemos sobre como os dereitos humanos poden apoderar as persoas e como dende a universidade podemos contribur a construr un futuro mellor. Porque os nosos dereitos son o camio para conseguir o futuro que desexamos e, sen respecto aos dereitos humanos, non é posible lograr o desenvolvemento sostible.

Área de Equidade e Cooperacin
Vicerreitora de Extensin Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 261
direc.equidade@uvigo.gal