A través dunha carta na que deixan constancia dos "marabillosos recordos que gardamos dela"

Emotivo recordo da Facultade de Ciencias profesora Sonia Garca

Tags
  • Ourense
  • Institucional
Rosa Tedn DUVI 26/01/2011
“Sonia era daquelas persoas polas que un sinte respecto e admiracin”. As definen e lembran na Facultade de Ciencias de Ourense profesora Mercedes Sonia Garca Falcn, falecida o pasado mes de novembro despois de cinco ano loitando contra un cancro. Arredor de medio cento de profesores, investigadores, alumnado e persoal do centro se reuniron este mércores na entrada do Edificio Politécnico para lembrala e renderlle homenaxe.

Os seus compaeiros e amigos nos anos nos que exerceu de profesora no campus de Ourense quixeron facer unha lembranza de Sonia Garca cunha emotiva carta na que deixan constancia da súa traxectoria profesional e sobre todo da súa calidade como persoa. Destacan que “Sonia era alegre, xovial, narradora inagotable de anécdotas e historias porque transmitir era innato nela. Aqueles que traballamos con ela, cbado con cbado, notamos a súa grande ausencia a pesares dos marabillosos recordos que gardamos dela”.

Sonia Garca era licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1992) e doutorada na mesma universidade, recibindo os premios de Investigacin Juan Abell (1997) e Dolores Trigo (1997) como recoecemento ao seu traballo como investigadora moza. A finais de 1999 integrouse no grupo de investigacin da Área de Nutricin e Bromatoloxa da Facultade de Ciencias de Ourense, onde compaxinou ata o seu falecemento tarefas docentes e investigadoras.

“A súa capacidade de loita contra o cancro durante estes cinco anos foi a súa grande ensinanza” salientan os seus compaeiros. “Para Sonia, transmitir, investigar e gozar da vida, xa fose dentro e fra do laboratorio, era moi importante” e por elo, salientan os seus compaeiros, a pesares da enfermidade continuou desprazndose cada da de Lugo a Ourense para investigar e dar clase.

Con esta emotiva carta e reunin no edificio no que desenvolveu a súa vida profesional, os compaeiros de Sonia Garca, entre os que se atopaba Mª Victoria Jato, vicerreitora de Investigacin e Transferencia, e Pedro Araújo, decano da Facultade de Ciencias, quixeron render unha última e emotiva homenaxe a esta profesora.