Beatriz Gonzlez e Ernesto Lpez propoen un sistema para garantir a súa sustentabilidade financeira

O primeiro modelo de xestin para biobancos ten ADN ourensn

O traballo vén de ser publicado pola Asociacin Espaola de Contabilidade e Administracin de Empres

Tags
  • Ourense
Rosa Tedn DUVI 05/06/2014

Cando o tratamento dunha enfermidade require a obtencin de mostras biolxicas nun hospital, como o tecido dun tumor de cancro, o material que non é necesario para a diagnose pode ser, coa autorizacin do paciente, conservado nos chamados biobancos co obxectivo de poelo de balde a disposicin dos investigadores para o avance médico. Polo tipo de actividade que desenvolven e polo seu volume, estes centros precisan para o seu mantemento e funcionamento de importantes recursos econmicos e ferramentas que lles asistan na toma de decisins para garantir a súa sustentabilidade financeira. Dous investigadores do campus de Ourense veen de elaborar e publicar o primeiro modelo de contabilidade e anlise de custes para estes bancos.

O documento, titulado Contabilidad de gestin en los biobancos, est realizado por Beatriz Gonzlez e Ernesto Lpez-Valeiras, docentes da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus e vén de ser publicado pola Asociacin Espaola de Contabilidade e Administracin de Empresas. O traballo, explican os seus responsables, é froito de catro anos de estudo neste eido. “Esta lia de investigacin xurdiu en 2011, cando o Instituto de Salud Carlos III nos contratou para desear un modelo de clculo de custes para a Rede Nacional de Biobancos. Xunto a Manolo M. Morente, coordinador desta rede, e Andrés Garca Montero, do Banco Nacional de ADN, desenvolvemos este proxecto con éxito e unha vez rematado continuamos investigando neste eido e perfeccionando un modelo de contabilidade común para biobancos”, explica Gonzlez Snchez.

Anlise dos procesos e dos custes para cada tipo de mostra

Os biobancos, destacan os investigadores no documento, son en Espaa establecementos públicos sen nimo de lucro que teen unha coleccin de mostras biolxicas con fins de diagnose ou de investigacin biomédica. Son, sinalan, unha plataforma fundamental de apoio investigacin, tanto en Espaa como na maiora dos pases desenvolvidos. Os tipos de mostras que almacenan son moi variadas, como tecidos tumorais, sangue (ADN e plasma), urina e tecidos neurolxicos, e cada coleccin de mostras dispn dun protocolo individualizado. “A pesar da súa grande actividade, cando comezamos a investigar neste eido non atopamos publicado ningún modelo de xestin contable para biobancos, anda que algúns dos centros pode ser que o tean, polo que decidimos crear ns mesmos un”, comenta a investigadora ourens.

No seu traballo Gonzlez Snchez e Lpez-Valeiras analizan con detalle os procesos de producin dos distintos tipos de mostras biolxicas que poden ser procesadas nun biobanco, abordan os aspectos regulatorios de natureza xurdica e contable e presentan un modelo de clculo de custes e proposta de indicadores de xestin para estes establecementos que busca un aproveitamento dos datos obtidos alén do mero clculo de custes. O modelo permite coecer os custes de cada caso procesado, de cada mostra almacenada, de cada mostra enviada e de cada pedido recibido, ademais dos custes de mantemento anual do inventario. Para facelo, identifcanse as fases do proceso e todos os custes directos, como material funxible, reactivos e outros, e os custes indirectos, como persoal, equipos e outros. Por último, faise unha asignacin, reparto e imputacin destes custes a cada obxectivo. Desta formalizacin de procesos e custes xorde un novo referente para o deseo e implantacin de ferramentas de contabilidade de xestin nun sector clave no eido investigador como son os biobancos.

Útil para a toma de decisins estratéxicas

“O modelo é útil non s para calcular as tarifas das mostras senn tamén para ter informacin de apoio na toma de decisins, para analizar a eficiencia de cada centro, para facer a valoracin do material almacenado, para mellorar a súa planificacin estratéxica e para actividades de benchmarking e de cooperacin entre biobancos”, apunta Beatriz Gonzlez. Da aplicacin deste modelo, indican os seus creadores, obtéense datos útiles para tomar decisins sobre o tamao axeitado do biobanco, para subcontratar ou non determinadas fases do proceso produtivo, para analizar a idoneidade dos investimentos e para estudar a conveniencia de sistemas de recoleccin de mostras prospectivos ou retrospectivos.

Ademais do documento da AECA, a revista Pathobiology publicar proximamente o artigo Implementation of a cost accounting model in a biobanck: practical implications sobre este modelo, que se suma ao artigo Cost model for biobanks publicado en 2013 pola revista Biopreservation & Biobanking. “Calquera biobanco, aplicando este modelo, pode saber o que lle custa o envo de cada mostra que lle piden, o seu custo anual, a valoracin do seu inventario, etc. Trtase informacin moi útil para a xestin dun biobanco”, sublia a docente ourensn, que xa ten realizado a súa tese de doutoramento sobre os custes en hospitais públicos galegos.