Cinco estudantes de BBAA participan nun proxecto da Politécnica de Valencia sobre esta doenza
Arte para dar voz hepatite C, a “enfermidade silenciosa”
Elaboraron diferentes obras inspirndose no relato de persoas que padecen esta patoloxa
A ausencia de sntomas pode provocar que unha persoa con hepatite C, unha patoloxa viral que pode causar cirrose ou cancro de fgado, descoeza durante anos que padece esta “enfermidade silenciosa”. As a definiron os pacientes cos que se reuniron José Manuel Vidal, Moisés Escudero, Ainara Herrera, Susana Robles e Iria Garca, cinco estudantes da Facultade de Belas Artes que participan nun proxecto da da Universidade Politécnica de Valencia, dirixido a outorgar visibilidade, a través da arte, realidade que rodea a esta doenza. Inspirndose no relato das persoas que a padecen pacientes, estes cinco alumnos crearon unha serie de obras nas que reflectan tanto ese silencio que rodea doenza como o “momento traumtico que supn ter coecemento da enfermidade”, como relata Robles.
A ese instante concreto e ao “camio en silencio que percorres desde entn” tentou achegarse esta alumna do mster en Arte Contempornea. Creacin e Investigacin coa súa obra Paso a tres, unha escultura na que recrea tanto ese instante no que se ten coecemento de que se padece a enfermidade como o tempo previo e posterior, nun intento de “conectar cunha situacin traumtica que pode ser común a outras persoas”. Nese mesmo “momento de desolacin” e no apoio familiar que reciben estas persoas fundamentou o seu traballo José Manuel Vidal, que tentou de reflectir na peza O espazo que habito aquel “lugar onde se sufre a enfermidade e onde te sentes protexido”. Partindo desta idea, este estudante de doutoramento creou unha vivenda con espellos no seu interior e dotada dunhas correas que permiten levala ao lombo como unha mochila, coa idea que “esa contorna que te protexe se vexa reflectida en calquera lugar ao que vaias”.
Contrapoendo o exterior e o interior
Coa idea de que “o público puidese interactuar coa obra”, Iria Garca deu forma a unha escultura-instalacin que trata de amosar ese carcter “asintomtico e silencioso” da hepatite C. Con este obxectivo, esta alumna do mster en Arte Contempornea presentou a este proxecto un traxe co que busca que “as persoas poidan poerse na pel do enfermo” e comprender a “persoas normais no exterior pero interiormente danadas”. Por iso, dotou a esta prenda dun forro que presenta como “unha metfora da hepatite C, xa que a medida que a xente o vaia poendo irase deteriorando, anda que por fra non se perciba”. Ese proceso de deterioro, “desde o momento no que a enfermidade est no corpo do suxeito ata que explota, fsica e emocionalmente” foi o eixo do traballo realizado por Ainara Herrera. Esta estudante do mster en Libro Ilustrado e Animacin Audiovisual realizou unha serie de cinco ilustracins empregando como soporte unhas bolsas de té, coas que alude “ao fgado, aproveitando que este é o filtro natural do noso corpo”, e coas que tenta dar forma a unha obra “silenciosa, sinxela e frxil, como o rgano afectado”.No A, No B, No C é o ttulo que Moisés Escudero outorgou ao cmic de 12 pxinas que realizou tras unha reunin cos pacientes na que “o aspecto que mis me impresionou é o nerviosismo e a desesperacin que sofren cando lles diagnostican a enfermidade e ingresan na lista de agarda para un transplante de fgado”. Esa idea e a “vitalidade, tranquilidade e vitalidade” que lles outorga ese transplante foron reflectidas por este estudante do mster en Libro Ilustrado e Animacin Audiovisual nunha obra sen dilogos “cargada de simbolismo” e na que conta a historia dunha muller “que ao espertar, descobre que comeza a facerse invisible e como debe buscar unha solucin mentres esa invisibilidade se estende polo seu corpo, nunha viaxe na que o desasosego e a esperanza se dan a man”.
Unha lia de traballo que os vincula coa sociedade
Preto dun cento de estudantes de diferentes pases foron seleccionados pola Ctedra Arte e Enfermidades para participar nunha iniciativa que d continuidade que se realizou a comezos de 2014 sobre . Naquela iniciativa xa participaran catro estudantes de Belas Artes, unha das oito facultades de Espaa seleccionada para este novo proxecto, segundo explica o seu decano, Juan Carlos Meana, que se amosa “encantado de que sigan contando con ns para un proxecto que se enmarca nunha lia de traballo que nos parece moi importante, a de vincular a facultade coa sociedade”.Nesta ocasin, foron cinco os estudantes seleccionados para un proxecto que comezou en xuo cunha reunin con integrantes da Asociacin Galega de Transplantes Airios. Nesta xuntanza, o alumnado puido coecer de primeira man a realidade que viven os enfermos de hepatite C, as como a súa loita para que o Ministerio de Sanidade financiase os novos frmacos que existen para combater esta doenza, decisin que adoptou hai poucos das. “Son xente moi aberta, que desde o primeiro momento se abriu a ns e relatounos os seus casos”, salienta José Manuel Vidal, que explica como a partires de a comezaron a traballar partindo "do respecto a persoas moi xenerosas”. Na mesma lia pronúnciase Robles, que apunta ao valor que tivo o seu relato no inicio do proceso creativo. "O que che contan é moi importante, sobre todo por como o fan, polas emocins”, destaca esta alumna dunhas persoas “con moita sensibilidade, s que penso que a enfermidade lles d outra forma de ver as cousas”.
O traballo destes alumnos culminouse hai unhas das co envo das obras a Valencia, onde sern seleccionadas para participar en diferentes exposicins. Mais antes cumpra facer balance dun vern de traballo coas persoas que inspiraron o que todos coinciden en sinalar como “unha experiencia moi gratificante e repleta de humanidade”, como apunta Escudero. Este reencontro permitiu que os pacientes “puidesen ver como as historias que nos contaron se converteran nalgo tanxible, visual”, como sinala Garca, que apunta que este traballo, “moi enriquecedor, tanto no plano artstico como no persoal”, podera ter contribudo mesmo para “gaar adeptos para a arte contempornea”, dada a boa acollida que os pacientes dispensaron s súas creacins.




