Ivn Gmez perfeccionou na súa tese de doutoramento os sistemas de visin por computador
Algoritmos que afinan o coecemento que se extrae das imaxes
Entre as súas utilidades est contrarrestar os efectos de latexos ou respiracin en capturas de micr
Nunha sociedade no que priman a imaxe e a integracin da tecnoloxa en todos os aspectos e actividades da vida, xorde como algo natural a demanda de que os dispositivos electrnicos sexan cada vez capaces de “entender” mellor as imaxes e obter coecemento automtico delas. Na súa tese de doutoramento, o enxeeiro informtico Ivn Gmez presentou varios algoritmos de visin por computador que melloran os actuais sistemas de recoecemento de movementos, tanto en humanos coma no eido da bioloxa. Entre os exemplos de aplicacin est estabilizar imaxes de microscopa intravital de animais, que se ven afectadas entre outras cousas polo latexo do corazn ou a respiracin.
A tese, titulada Algoritmia de procesamento espazo-temporal en secuencias de imaxes para aliacin e recoecemento automtico de movementos, foi dirixida por David Olivieri e Xosé Antn Vila Sobrino e defendida este curso na Escola Superior de Enxeara Informtica do campus de Ourense. “Hai un nexo común na mia tese que é o estudo da informacin espazo-temporal contida nunha secuencia de imaxes ou vdeo. Elixn este tema porque me atraa a multitude de aplicacins que hoxe en da empregan algoritmos de visin artificial na nosa vida coti e os avances que se estn facendo neste eido”, explica o investigador.
Detectar patrns
Un algoritmo pdese definir como un conxunto prescrito de instrucins ou regras ben definidas, ordenadas e finitas que permite realizar unha actividade mediante pasos sucesivos. En concreto, os algoritmos de visin por computador, comenta o xa doutor con mencin internacional pola 鶹, son algoritmos capaces de programar un ordenador para que analice de maneira automtica una secuencia de vdeo e extraia coecemento. “No meu caso, a finalidade era, por unha banda, detectar accins humanas de maneira automtica que se realizan nun vdeo e, por outro lado, detectar patrns de movemento en imaxes de microscopa e conseguir eliminalos”, indica o investigador.Na súa tese de doutoramento, Gmez Conde presenta varios algoritmos de visin por computador que analizan o campo de movemento en secuencias de imaxes. “Estes algoritmos aplcanse a dous campos de natureza moi diversa, como son o recoecemento de movementos humanos e a bioloxa. No primeiro, o campo espazo-temporal definido polo movemento do corpo humano codifcase mediante traxectorias únicas, que serven como unha pegada dactilar dese movemento para futuras comparativas con outros movementos e/ou persoas. No segundo, aplcanse métodos especficos de visin por computador para estabilizar datos in-vivo de microscopa multifotn intravital, que presentan problemas debido a movementos nerviosos e respiratorios do animal”, sinala o doutor.
Segundo comenta Ivn Gmez, “a representacin dese movemento nese novo espazo que creamos considermola única porque non hai dúas persoas que anden igual. Por exemplo, ti e eu podemos andar parecido pero nunca ser igual porque a túa forma de andar ter caractersticas diferentes mia. De a que fagamos unha analoxa como se fose unha pegada dactilar da persoa porque é única”. A principal vantaxe que teen as propostas do investigador ourensn fronte a outros algoritmos é que codifican a magnitude e direccin do vector de fluxo ptico, que é o patrn de movemento dun obxecto con respecto escena. Isto fai que esta plantilla de movemento chamada polo doutor como MVFI (instancia do vector de fluxo de movemento) sexa a idnea para recoecer movementos humanos con cambios bruscos de velocidade, como pode ser o caso dunha cada.
En tempo real e cun baixo custe computacional
Nos dous contextos sinalados, a tese explora como un ordenador pode representar e procesar campos de movemento nun espazo de informacin espazo-temporal para unha posterior recuperacin de informacin en tempo real cun baixo custe computacional. “O de recoecemento en tempo real quere dicir que a anlise é no mesmo momento que se est gravando o vdeo, non se fai despois de gravar o vdeo cun software de postprocesamento. O de baixo custe computacional refrese a que non é preciso un ordenador de altas prestacins para executar este software, de a o de baixo custe computacional en tempo e en prestacins”, aclara o docente convidado da Escola Superior de Enxeara Informtica. Na parte de imaxe biolxica, o algoritmo foi aplicado en imaxes reais de inmunoloxa en dous centros de investigacin, o Gulbenkian de Ciência en Oeiras, en Portugal, para eliminar os artefactos de movemento en imaxes de placenta en ratos infectados de Malaria, e no Hubrech Institute, de Utrecht, nos Pases Baixos, para recoecemento de patrns e eliminacin dos artefactos de movemento en imaxes de cancro de mama. Un artefacto na imaxe é calquera detalle que aparece nela que non se encontra presente no obxecto orixinal a representar. Estas aplicacins realizronse no marco de estadas internacionais predoutorais do investigador ourensn en cada un destes centros.




