O vicerreitor mantivo un encontro con representantes da Oficina Econmica e Cultural de Taipei

O campus estreita lazos con Taiwn

Coa colaboracin da súa Divisin Cultural, este xoves bota a andar o ciclo de cine ‘Panoramas en Tai

Tags
  • Pontevedra
  • Institucional
Eduardo Muiz DUVI 11/02/2016

A capacidade do cinema para achegar cidadana “a nosa cultura e o noso pensamento” converteron esta arte no punto de partida da colaboracin que a Oficina Econmica e Cultural de Taipei en Espaa vén de iniciar coa Vicerreitora do campus. “Pensamos que é unha boa maneira de comezar”, salienta neste senso Fernando Su, o director da súa Divisin Cultural, que este medioda mantivo unha xuntanza co vicerreitor do campus, Juan Manuel Corbacho, co gallo do inicio do ciclo de documentais , que na tarde deste xoves botar a andar na Casa das Camps.

“Para ns é moi importante esta colaboracin, unha oportunidade única, que agradecemos moito”, salientou Corbacho dun ciclo de cine promovido grazas colaboracin da Divisin Cultural da Oficina Econmica e Cultural de Taipei, que por primeira vez impulsa un ciclo de cinema taiwanés en Galicia, despois de levar a cabo iniciativas similares tanto en Madrid como en Pamplona. “Isto é un punto de partida”, salientou o vicerreitor ao inicio dunha xuntanza na que tamén participaron Antonio Lee, secretario da Divisin Cultural; Manuel Morquecho, responsable da Área de Extensin Cultural do campus; Xulio Ros, director do Instituto Galego de Anlise e Documentacin Internacional (Igadi), e o programador Suso Novs, coordinador dos ciclos de cinema temticos que a Vicerreitora programa cada cuadrimestre. Ciclos como o que actualmente se desenvolve nas tardes dos venres, , e ao que se foron sumando os impulsados coa colaboracin do Instituto Francés do Cine e, agora, coa Oficina Econmica e Cultural de Taipei.

“Dentro do proxecto de especializacin CREA S2i un dos nosos cometidos é fomentar a cultura e estar preto da sociedade”, engadiu o vicerreitor, que puxo de relevo a importancia da colaboracin con outros organismos e institucins “para ir crecendo e abrindo novas portas”, que permitan sumar ao traballo académico “o valor engadido de actividades de difusin cultural que ademais cobren un oco e complementan a oferta cultural da cidade e que nos axudan tamén a posicionarnos e visibilizarnos”.

A primeira visita, pero non a última

“Buscar novos espazos para os artistas taiwaneses” é un dos obxectivos centrais do labor da Divisin Cultural creada o pasado ano dentro da Oficina Ecmica e Cultural de Taipei, a representacin do goberno de Taiwn en Espaa. De a que, o seu director saliente que “é unha divisin moi nova, na que temos o esprito da xente nova” e a vontade de promover colaboracins e intercambios con múltiples axentes e institucins en Espaa. “Para ns é unha honra ter esta oportunidade de colaborar coa 鶹”, engadiu Fernando Su, que deixou claro que a visita a Pontevedra que os representantes da Divisin Cultural iniciaron este xoves “é a primeira, pero non a última”.

Neste senso, o encontro mantido cos representantes da Vicerreitora serviu para presentar algúns dos proxectos e iniciativas que desde este organismo queren levar a cabo en Espaa. Su relatou aos asistentes nos ciclos dedicados a novos directores taiwaneses que promoveron na Filmoteca Nacional, en Madrid, e subliou a vontade deste organismo promover exposicins, por exemplo vinculadas ao traxe tradicional chinés ou a fotografa, as como actuacins musicais e dos grupos de baile taiwaneses en Espaa. “Queremos presentar os nosos artistas aqu, pero no futuro gustaranos promover intercambios e invitar tamén a artistas espaois a Taiwn”, engadiu Fernando Su, que deixou nese senso a porta aberta a novas colaboracins coa Vicerreitora do campus e coa cidade de Pontevedra.

De feito, a xuntanza que tivo lugar este medioda na Casa das Camps verase sucedida pola recepcin que o alcalde, Miguel Anxo Fernndez Lores, e a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, lles brindarn na Casa Consistorial este venres, no que tamén est previsto que visiten tamén o Museo de Pontevedra e o Pazo da Cultura. As mesmo, na tarde deste xoves realizarn un percorrido polo campus, acompaados polos responsables da Vicerreitora, antes de participar, s 20.00 horas, na inauguracin de Panoramas en Taipei, que nesta xornada se abrir coa proxeccin de Sing it, de Yang Chih-Lin.

Catro oportunidades mis de viaxar ata Oriente

Trala proxeccin desta tarde, este ciclo de documentais en versin orixinal substitulada continuar o xoves 18 con Doctor de Chung Mong-hong, filme que intercala as historias de dous nenos, un que se suicidou e outro enfermo de cancro, que nunca se coeceron e cuxas vidas se ven ligadas pola do doutor Chen, pai do primeiro e médico do segundo. Sete das despois, o 25 de febreiro, proxectarase Spring: The Story of Hsu Chin-Yu, de Wen-Chen Tseng, documental que narra a historia dun sindicalista que permaneceu encarcerado durante 15 anos pola ditadura de Chiang Kai-shek. Xa o 3 de marzo, os asistentes a este ciclo podern saber mis da chegada das forzas do Kuomitang de Chiang Kai-shek a Taiwn tralo remate da guerra civil chinesa e de como esta illa viviu durante 40 anos baixo a lei marcial da man de Grandma´s Hairpin, de Chu-Chen Hsiao. Por último, Panoramas en Tapei péchase o 10 de marzo coa proxeccin de Let it be, de Juan Yi-tseng e Yen Lan-chuan, filme que narra a historia de catro agricultores dos campos de arroz de Tainan, no sur da illa.