O Mineco financia un proxecto do investigador José Tubo sobre elementos transpoibles nun cancro
Na procura dos segredos do tumor mis antigo do mundo
Datado hai 11.000 anos, é transmisible e afecta a calquera raza de cans de todo o mundo
O tumor mis antigo do mundo ten 11.000 anos e afecta a cans en calquera parte do mundo. Para sobrevivir durante todo este tempo agocha un segredo: trtase dun cancro transmisible, isto é, salta dun individuo a outro pero non hereditariamente nin por virus. No caso deste tumor en concreto faino por va sexual, pasando dun can a outro. Os cancros transmisibles son pouco frecuentes, sobre todo seres humanos, pero “tremendamente interesantes”, explica o cientfico José Tubo, e por iso decidiu orientar a súa carreira investigadora a estudar as caractersticas desta enfermidade en diferentes especies. O Mineco vén de concederlle unha axuda de 177.000 euros a través do Programa Estatal de Fomento da I+D+i de Excelencia para investigar este tumor de 11.000 anos durante os prximos tres anos.
Especializado na xenmica do cancro, Tubo destaca que os cancros transmisibles en humanos son espordicos e teen unha orixe artificial, como un transplante de rganos enfermos ou dunha transfusin de sangue con leucemia, por exemplo. No caso dos animais dse de xeito natural, e supn un campo de estudo moi interesante.
Antes de chegar neste 2016 鶹, o cientfico galego estudaba en Cambridge o cancro transmisible que afecta ao demo de Tasmania, que est a poer en serio perigo a supervivencia da especie. “O tumor afecta cara e boca e, dado que son animais moi agresivos, transmtense a enfermidade ao morderse nestas partes durante as pelexas”, explica e lembra que este cancro é recente, “s hai 30 anos que se ten constancia del”. O outro caso mis coecido de cancro transmisible é o dos cans, que en contraste co dos demos de Tasmania, é o mis antigo do mundo. “Orixinouse hai arredor de 11.000 anos, cando os cans non eran animais domésticos e se semellaban mis aos lobos”, sinala Tubo, que engade que se estima que naquel momento habitaban posiblemente na zona de Mongolia. “Este tumor é moito mis interesante porque ten unha distribucin global, est en todo o planeta e afecta a todas as razas de cans”e apunta que se trata dun cancro que afecta zona xenital e se transmite a través das células cancerxenas durante o coito.
A importancia dos elementos transpoibles
A datacin deste cancro fxose a través dun estudo evolutivo no que tamén participou o propio investigador e que foi publicado hai dous anos na revista Science. Recadronse 1000 mostras de todo o mundo e seleccionronse dúas de zonas moi diferenciadas: Brasil e Australia. Secuenciouse o seu xenoma a través de metodoloxas de datacin evolutivas baseadas en cambios xenmicos de ambos cancros, o que permitiu facer unha estima de cando se orixinou e púidose datar en hai 11.000 anos.O xenetista destaca que “a única forma de que un cancro poida vivir tanto tempo é que se transmita dun individuo a outro, doutro xeito morrera ao falecer o paciente, que é o que pasa na especie humana”. Neste sentido sinala que o estudo se centrar en analizar como se comportan os elementos transpoibles, “secuencias de ADN que teen a capacidade de moverse, de saltar dun lado a outro”. Como explica o cientfico, nunha célula normal os elementos transpoibles estn parados, pero cando a célula se volve cancerosa “estes elementos comezan a saltar e a provocar mutacins que pensamos que poden ser importantes na orixe ou evolucin do cancro en humanos”.
Afondar neste eido permitir, segundo Tubo, averiguar como sera a relacin entre cancro e doente nun tempo moi longo de evolucin. “Xorden preguntas sobre o cancro en humanos que non podemos responder se non é estudando este tipo de cancros transmisibles e, para facelo temos un modelo estupendo neste cancro en cans, con 11.000 anos de vida”, xa que estas secuencias transpoibles son moi semellantes s dos humanos. Explica que “as secuencias cando se mobilizan son prexudiciais para ns, pero para o cancro poden ser beneficiosas, xa que canto mis muta mis asegura a súa pervivencia, precsao para medrar e evolucionar”. Isto sucede “ata un lmite”, porque esas mutacins poden terminar por matar o cancro, de a a súa importancia para o estudo do cancro humano. “Para manterse ao longo de tanto tempo cremos que tivo que darse un equilibrio, no que os elementos transpoibles tiveron que baixar a súa agresividade e este equilibrio entre elementos transpoibles e cancro non o vemos entre humanos, pero si se pode dar nun cancro de 11.000 anos”, salientando que coecer ese punto intermedio pode axudar a obter un modelo dese equilibrio nun cancro humano se puidese vivir tanto tempo.
Cancros transmisibles en animais marios
Este estudo, que se desenvolver ao longo dos vindeiros tres anos, avanzar en paralelo a outras lias de investigacin, principalmente centradas no eido mario. “A mia principal lia de traballo nos prximos anos ser o cancro transmisible en animais marios, unha lia na que quero especializarme e que servir para diferenciarme do resto dos investigadores”. Salienta que mentres que noutros estudos depende de mostras que deben ceder outras universidades e institucins, no caso dos animais marios a 鶹 conta con instalacins que lle permitir que o proxecto sexa 100% vigués, “e ese é un dos motivos que me fixo virme a Vigo”, conclúe.De feito, esta nova lia é a súa aposta para convocatoria Starting Grant do ERC, que se resolver ao longo do vern e na que est entre os finalistas para esta prestixiosa bolsa europea.




