Segundo un estudo realizado pola investigadora da 鶹 Laura Ruiz

O 20% do alumnado do campus presenta unha conduta sedentaria

Os resultados empregaranse no deseo dun programa piloto para reducir esta porcentaxe

Tags
  • Ourense
  • Աپ
Rosa Tedn DUVI 17/01/2018

“O 20,6% do alumnado do campus de Ourense presenta unha conduta sedentaria, sen existir diferenzas significativas entre mulleres e homes”. Esta é unha das principais conclusins dun estudo realizado pola investigadora predoutoral da 鶹 Laura Ruiz. Os resultados obtidos neste traballo sern empregados para o deseo e implementacin dun programa piloto que permita reducir esta incidencia na comunidade universitaria.

O estudo Avaliacin do alumnado universitario sedentario no campus de Ourense estivo financiado pola convocatoria 2017 de axudas a proxectos de investigacin Inou, da Vicerreitora do Campus de Ourense e a Deputacin Provincial. Realizado no marco do grupo de investigacin Anlise e Intervencin Psicosocioeducativa, o traballo contou tamén coas achegas dos investigadores José Mara Falde, Mara Victoria Carrera e Antonio Gonzlez. A investigacin enmrcase ademais nas diferentes lias de actuacin da 鶹 no eido do fomento da vida saudable nas que a investigadora Laura Ruiz participa, como as accins dentro da Rede Espaola de Universidades Saudables e os Martes Saudables, cuxos postos percorren cada cuadrimestre os tres campus fomentando os bos hbitos entre a comunidade universitaria.

Sobre a importancia de levar a cabo este estudo, a investigadora da Facultade de Ciencias da Educacin sinala como o sedentarismo, a falta de actividade ou exercicio fsico, “é unha conduta amplamente estendida entre a poboacin que afecta de forma negativa saúde, configurndose como un dos principais factores de risco para múltiples patoloxas, especialmente no caso das enfermidades crnicas, entre as que se atopan as enfermidades cardiovasculares, a diabetes, o cancro e as enfermidades pulmonares crnicas, responsables de tres de cada cinco mortes en todo o mundo e das mis altas taxas de morbilidade”.

Diferenzas por reas de coecemento

Na primeira fase deste estudo, realizada para identificar ao alumnado sedentario dentro das distintas titulacins que se imparten no campus de Ourense, participaron 665 estudantes dun total de 768 alumnos e alumnas de primeiro curso. Na segunda fase do estudo cuantitativo as como na investigacin cualitativa participaron 85 das 137 persoas diagnosticadas como sedentarias nesa fase inicial. Sobre os resultados cuantitativos obtidos, a investigadora sinala como “en funcin do mbito de coecemento dos centros si que detectamos diferenzas significativas, encontrando que o alumnado do mbito humanstico é o mis sedentario (30%), seguido polo de ciencias da saúde (25,8%), o xurdico-social (22,5%), o cientfico (21,8%) e o tecnolxico (13,4%).

En canto s caractersticas do alumnado sedentario, Ruiz Soriano indica que a maiora se situou en normopeso (69,4%), independentemente do seu xénero, anda que tamén se detectaron casos de persoas con infrapeso (8,2%), sobrepeso (15,2%) e obesidade (7,2%). “A pesar de todo e en xeral, presentan un bo estado de forma ou condicin fsica”, comenta a investigadora. Pola contra, engade, “non gozan de bos niveis de calidade de vida relacionada coa saúde, teen unha baixa adherencia dieta mediterrnea e os niveis de insatisfaccin corporal son significativamente mis elevados nas mulleres sedentarias que nos homes sedentarios”.

Polo que respecta aos resultados obtidos na parte cualitativa do estudo, baseado en entrevistas, a investigadora sinala como “o alumnado sedentario coincide en que a actividade fsica é unha ferramenta útil para ter unha vida saudable e prever distintas enfermidades, atribundolle o reporte de beneficios mentais tales como a relaxacin, o benestar social ou a diversin”. Doutra banda, engade Laura Ruiz, “hai quen confa en que a prctica de actividade fsica é necesaria para manterse en forma e evitar o sobrepeso e a obesidade”. Tamén destaca no seu estudo que anda que o alumnado foi identificado como sedentario tendo en conta os criterios do cuestionario internacional IPAQ, hai algunha persoa que manifesta non sentirse sedentaria ou que da primeira segunda avaliacin mudou o seu comportamento. Por último apunta o caso de estudantes que afirman que noutro momento das súas vidas facan deporte con asiduidade pero que o deixaron e non foron capaces de retomalo.

“Detéctase que unha alta porcentaxe de alumnado apunta falta de tempo libre como factor que impide a súa realizacin de actividade fsica. A falta de motivacin, o factor econmico e os problemas de saúde son outras das razns que alegan para non realizar actividade fsica”, detalla a investigadora. Os motivos polos que o alumnado estara disposto a realizar exercicio, detalla, é “a obtencin dunha mellora na súa saúde tanto fsica como mental, o aproveitamento do seu tempo libre dun xeito produtivo e sentirse ben consigo mesmo”.

Programa piloto

Tendo en conta a informacin obtida, sublia por último a investigadora, “o que temos previsto é desear e implementar un programa piloto co que se contribúa a reducir a porcentaxe de sedentarismo ou, o que é o mesmo, a garantir que as futuras xeracins do noso campus tean unha maior calidade de vida e adopten estilos de vida saudables que reforcen a súa saúde”.