A exposicin ‘Vistas adentro’ reúne en Segovia mis de 30 obras do profesor de BBAA Manolo Dimas

Cadros que buscan rachar cunha “mirada predeterminada” sobre o mundo

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Pontevedra 13/02/2019

“Esta exposicin sostén que a experiencia humana est baseada nunha percepcin global de imaxe e pensamento”. Deste xeito presenta o artista e profesor da Facultade de Belas Artes Manolo Dimas , a exposicin que nestes meses protagoniza na Galera Fontanar de Segovia. Unha seleccin de mis de 30 cadros, entre os que figuran tanto creacins recentes como obras que previamente foran expostas en espazos como o Instituto Cervantes de Miln ou o Castelo de Liubliana (Eslovenia) integran unha exposicin na que Dimas propn romper “coa mirada predeterminada do home sobre o mundo”, organizando o espazo “como se compuxeran un collage”, onde estn presentes tanto figuras mitolxicas, como representacins de animais ou mesmo elementos grficos da vida coti.

Seleccionada na convocatoria de axudas para a realizacin, comisariado e montaxe de exposicins artsticas da Universidade, a exposicin que ata o 15 de marzo pode verse en Segovia articúlase a partires da seleccin de obras de varias épocas realizada polo galerista, que, como explica Dimas, atopou nesta serie de cadros un fo condutor e que, como destaca a galera, denotan o interese do artista pola imaxe, a historia e a iconografa. “Con elas preténdese a reflexin por parte do espectador a través da súa conexin con lugares mentais ou fsicos, mediante unha linguaxe grfico-xestual”, apunta Dimas, que recoece expresarse “creando imaxes” e recorre nas súas obras pictricas tanto mitoloxa como a “produtos grficos cotis”, de tal xeito que nas obras poden verse debuxos inspirados “en bolsas de azucre, paquetes, etc”. 

Figura humana e natureza

Do mesmo xeito, tamén a natureza est moi presente nesta seleccin de obras, por exemplo, a través da representacin de animais como cans, soso ou cabalos. “A natureza en xeral é unha fonte inesgotable de inspiracin. S hai que observala para sorprenderse”, sostén Dimas, quen incide en que, pese a que o ser humano é parte desa natureza, “moitas veces nos esquecemos disto”. Nese senso, o artista e docente recoece unha “forte conexin cos animais”, que por outra banda articulan un “contraste fantstico” coas figuras humanas en varias das obras que integran estas Vistas adentro, que, por outra banda, este sbado 16 ser o escenario dun concerto do músico e luthier Francisco Luengo. “Penso que figura e natureza compleméntanse, necestanse”, engade Dimas, quen recoece o seu interese por ollar cara “todas estas especies coas que compartimos o planeta” e quen nese senso defende a pintura como “unha maneira de ser, de relacionarse co mundo e coa natureza”.