A mostra 'As caras dos libros' poderase visitar na sede de Torrecedeira ata o 28 deste mes

Unha exposicin que “fara moi feliz a Carlos Casares”

Recolle mis de 200 cubertas de obras do escritor e da coleccin Árbore

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Arte
  • Cultura
  • Lingua Galega
  • Cultura
M. Del Ro DUVI 31/01/2019

As cubertas dos libros supoen o primeiro contacto entre o escritor e o lector, antes mesmo de que o propio texto poida tecer cos seus lazos. A través da linguaxe plstica presentan o ttulo da obra e convértense na súa fachada, unha fachada da que se ocupan artistas e profesionais en estreita relacin cos autores. Este papel representativo e identitario das portadas dos libros é o que se reivindica na mostra As caras dos libros, que recolle mis dun cento de cubertas, tanto de libros de Carlos Casares como de volumes da coleccin Árbore. A exposicin, que se poder visitar ata o 28 de febreirona sede de Torrecedeira da Escola de Enxeera Industrial, inaugurouse este xoves coa presenza do reitor da 鶹, Manuel Reigosa, o presidente da Fundacin Carlos Casares, Francisco Javier Casares e o secretario da mesma, Gustavo Adolfo Garrido, xunto co director da Escola de Enxeera Industrial, Juan E. Pardo.

Con esta exposicin, ambas institucins tratan de “homenaxear aos profesionais que fixeron e fan realidade a literatura en lingua galega: escritores, editores, tradutores, deseadores, ilustradores… e, por suposto, a todos os lectores e lectoras que manteen viva a súa paixn por un obxecto cultural tan relevante como é o libro galego”. Neste sentido, Francisco Javier Casares, irmn do escritor e presidente da súa fundacin, recoeca que “se estivese aqu, Carlos estara gaando felicidade, porque era enormemente feliz cos libros: como lector descubrindo mundos a través da lectura; como escritor, deixando nos seus libros os seus mundos vividos e imaxinados; e como editor, vendo nacer libros, vendo como an crecendo e presentndoos en sociedade”. Pola súa banda, Manuel Reigosa, reitor da Universidade, trasladou o agradecemento Fundacin Carlos Casares “por facernos partcipes desta excelente mostra que ademais nos vai permitir dentro da institucin universitaria cubrir varios flancos”. Neste sentido, o reitor explicaba que un dos obxectivos cumpridos é “organizar algo que ten que ver coa cultura e a literatura nunha escola de enxeara, porque queremos romper barreiras e que os nosos estudantes tean unha formacin integral e que mellor que facelo cun dos persoeiros cume da cultura galega, como é Carlos Casares”. Por outra banda, subliou que tamén se trata de “darlle visibilidade” ao campus de Torrecedeira e, finalmente, o reitor tamén destacou que con esta mostra a Universidade se achega educacin secundaria e “agardamos que esta mostra sexa un éxito cos institutos”.

As caras dos libros reúne unha ampla seleccin de cubertas das obras de Carlos Casares xunto con outra escolma, ata agora inédita, da primeira década da coleccin Árbore de literatura infantil e xuvenil, impulsada por Casares dende a editorial Galaxia en 1988, e codirixida por Mara Victoria Moreno, David Otero e Antonio Garca Teijeiro. A través de paneis informativos e vitrinas nas que se mostras as cubertas, a mostra achega ao público dous exemplos relevantes do deseo de cubertas do libro galego nas últimas décadas do século XX e introduce ao visitante “na estrutura e composicin do libro, ofrecendo pinceladas sobre o contexto histrico da literatura infantil e xuvenil en lingua galega, enmarcada nos tempos da implantacin do galego no sistema educativo na década de 1980, para despois deterse no deseo das cubertas dos libros”. Entre outras curiosidades, unha das últimas adquisicins da fundacin, unha traducin de A Galia Azul ao ucrano, da que se publicaron 250.000 exemplares ou unha portada alternativa para Dios sentado en un silln azul.

As cubertas na obra de Carlos Casares

A parte da exposicin dedica s cubertas de Casares comprende oito paneis coninformacin detallada sobre os deseos das súas obras, dende Vento ferido (1963) ata as últimas publicacins sadas do prelo en 2017, coincidindo coa celebracin das Letras Galegas dedicadas ao escritor. Repsanse arredor dun centro de portadas, cos seus deseadores ilustradores, tradutores, etc. Paralelamente, os visitante podern contemplar documentos autgrafos de Carlos Casares nas vitrinas, as como correspondencia sobre a edicin, obxectos persoais, recortes de prensa e algunhas cubertas de obras pouco coecidas do escritor.

As cubertas dos libros da coleccin Árbore

Polo que respecta coleccin Árbore, que celebrou o seu 30 aniversario o ano pasado, a mostra navega polo contexto histrico que propiciou o nacemento da coleccin. A través de seis paneis e diversos obxectos colocados nas vitrinas, o público pode contemplar a definicin e deseo fsico da coleccin, a meirande parte das mis de 100 cubertas da primeira etapa da coleccin, informacin sobre os ilustradores e escritores, as como o proceso de deseo mediante as follas de traballo de Manuel Janeiro (deseador da coleccin), fotolitos, probas de maquetacin, documentacin, correspondencia, fichas didcticas para docentes e outras curiosidades. Reserva, tamén, un pequeno apartado para amosar a evolucin da coleccin ata a actualidade.