O Centro de Linguas organizou este xoves un obradoiro sobre caligrafa
Trazando pontes coa cultura chinesa
O seu obxectivo foi espertar a curiosidade por coecer este idioma
Como xa o fixeron anteriormente os campus de Vigo e Pontevedra, este xoves o campus de Ourense acolleu a celebracin dun Obradoiro de caligrafa chinesa, gratuto e aberto s persoas interesadas organizado polo Centro de Linguas. O seu obxectivo foi espertar o interese pola cultura e a lingua chinesas e dar a coecer neste campus a Aula Confucio da 鶹 e as súas actividades.
Trala celebracin por primeira vez en Vigo en novembro deste taller e outro de recortado de papel chinés, neste mes de xaneiro, o Centro de Linguas optou por estender aos diferentes campus da Universidade unha iniciativa dirixida a dar a coecer nas tres cidades a creacin desta aula, a única existente en Galicia, nacida en 2018 ao abeiro do Instituto Confucio da Universidad de Len, segundo explica Mercedes Álvarez, xefa de estudos do Centro de Linguas.
Riqueza patrimonial
O taller de caligrafa correu a cargo de Lili Wo, licenciada en Filoloxa Hispnica pola Universidade Kanagawa Yokohama de Xapn e docente do Instituto Confucio, que explica que os obxectivos destas iniciativas “son achegar a cultura chinesa sociedade en xeral, amosar a riqueza do patrimonio cultural chinés”. Tamén, apunta, pretende promocionar o Obradoiro de iniciacin lingua e cultura chinesa que, da man da Aula Confucio, o Centro de Linguas trae este cuadrimestre como novidade ao campus de Ourense.
Ao longo da actividade Lili Wo explicou s asistentes ao obradoiro de caligrafa a historia desta técnica, a súa importancia na cultura chinesa e no conxunto de Asia, a súa prctica e os materiais que se empregan nela. Ademais de escoitar as súas explicacins, as participantes tiveron a oportunidade de prse mans obra e facer os seus primeiros bocexos de caligrafa chinesa, algúns deles dedicado prxima celebracin do Ano Novo Chinés. Facendo fincapé en que a caligrafa chinesa é unha arte que no seu pas aprenden desde nenos e nenas nos colexios, Lili Wo recalcou como a prctica da caligrafa non é s útil para aprender un idioma senn que tamén é interesante para as persoas que non saben o lingua xa que lles proporciona relaxacin e concentracin.




