A Vicerreitora do campus promove este xoves o concerto ‘The Human Voice’, con entrada libre
A ‘voz humana’ resoar no Teatro Principal
Esta traxedia lrica ser interpretada polo grupo Colaboracin Artstica Pontevedra
Composta por Francisc Poulenc en 1958,con libreto de Jean Cocteau, The Human Voice (A voz humana) é unha traxedia lrica dun único acto que representa un dilogo teléfonico entre unha muller e a súa ex-parella trala recente ruptura da relacin. Unha pera que aborda a historia desde o punto de vista da muller protagonista, sendo a súa a única voz que se escoita ao longo da pera e que, nun concerto promovido pola Vicerreitora do campus, interpretar este xoves no Teatro Principal o grupo Colaboracin Artstica Pontevedra. Nunha actuacin programada para as 20.30 horas, con entrada libre ata completar aforo, a ‘voz humana’ da protagonista ser levada ao escenario pola soprano Bonnie Cooper, acompaada por Samuel Serrano ao piano, nunha representacin dirixida pola dramaturga britnica Sarah Harrison.
“A pesares de ter sido escrita no século pasado, esta pera anda é relevante para o público contemporneo. Os temas que articula, o fin dunha relacin, a fraxilidade da psique e, particularmente, a mediacin da tecnoloxa nas comunicacins persoais preséntanse hoxe en da practicamente na mesma forma que na época na que se concibiu a obra”, salientan desde o grupo Colaboracin Artstica Pontevedra da proposta que este xoves, explican, interpretarn por primeira vez nun teatro. Trtase dunha obra de aproximadamente 40 minutos, interpretada en inglés e da que destacan, como salienta Cooper, “o feito de que unha das dúas voces nunca se escoite”, xa que o público s escoita personaxe “que est no seu lado da lia telefnica”, a muller protagonista, o que a súa vez provoca, “que o outro personaxe sexa vez real e imaxinario”.
Voz, piano e dramaturxia
De pr voz s verbas da protagonista encargarase nesta representacin a soprano canadiana residente en Pontevedra Bonnie Cooper, formada en canto e música na Universidade de Ottawa, que na actualidade traballa como cantante solista co Collegium Laudeatum inglés, a City of Cambridge SymphonyOrchestra ou a Orquestra do Norte en Amarante (Portugal). Entre as actuacins desta soprano figura as mesmo o recital A muller na música que en 2017 levou a cabo en Pontevedra, tamén da man da Vicerreitora, xunto ao pianista Samuel Serrano, formado no Conservatorio Superior de ú de Vigo e que actualmente traballa como profesor de piano e como pianista acompaantecolaborando con agrupacins como o grupo Lembranzas ou o Coro Infantil da Confrara de Pescadores de San Martio do Grove. Completa a formacin responsable desta actuacin a inglesa Sarah Harrison, formada en arte dramtica na Universidade de Lancaster, para logo tomar parte en diversos proxectos comunitarios, como The Art of Conversation, desenvolvido en Manchester, antes de trasladarse tamén a Pontevedra, onde traballa como profesora de inglés.




