O documental de Marzo Lozano acadou o primeiro premio da seccin Supernova
O silencio dun home que vive nas montaas converte un estudante de Comunicacin Audiovisual nun dos gaadores do festival Curtocircuto
A súa obra xurdiu a partir dun traballo para unha materia
Como traballo prctico para unha materia do Grao en Comunicacin Audiovisual, o estudante Marzo Lozano deba realizar unha curtametraxe documental de cinco minutos, que decidiu centrar nun “home de orixe alemn, que vive nas montaas de Galicia, afastado da modernidade”, explica. As gravacin realizadas para este traballo académico remataron súa vez transformndose no punto de partida de El silencio de Allen Robert Angelo, un documental de 27 minutos, que converteu este estudante da Facultade de Comunicacin no gaador da seccin Supernova do Festival Internacional de Cinema Curtocircuto.
Centrada, como sinalan desde a organizacin, en “primeiros traballos que teen fcil acceso a grandes espazos de difusin profesional”, un total de 16 obras foron seleccionadas para esta seccin dun festival que ten lugar en Santiago de Compostela e que celebraba nas últimas semanas a súa vixésimo terceira edicin. Esta completouse cunha gala de entrega de premios na que Lozano Ramrez recolla un galardn cunha dotacin econmica de 1000 euros e co que “emocioneime moitsimo”, recoece. “Cando recibn o correo electrnico que me avisaba de que gaara, non o poda crer”, admite este estudante, que outorga un “valor enorme” a un recoecemento que ve como unha motivacin para “seguir creando” e que ensinoulle que “non fai falla ter moitos recursos par facer algo que realmente tea valor”.
Unha peza na que o silencio é protagonista
No seu primeiro ano na facultade, tras formarse previamente no CIFP Audiovisual de Vigo, Lozano comezou a traballar neste “retrato” de Allen Robert Angelo como traballo para a materia Cine de non ficcin, impartida por Diana Ramah. “Como Allen sempre me parecera unha persoa moi interesante desde que era pequeno, decidn que el sera protagonista”, apunta, dunha peza na que buscou “gravalo da mesma forma na que vao de pequeno, observndoo en silencio”. Deste xeito naceu un “documental observacional” no que Loazno tratar de amosar “a vida sinxela” e a “profunda conexin cos animais” de Angelo. “É unha obra que observa, escoita e respecta o silencio”, o que fai que este último remate por converterse “nun coprotagonista mis da historia”, recoece.
Nesta mesma lia, o xurado da seccin Supernova do festival composteln destacou que Lozano foi quen nesta obra de construr “un relato ntimo e prximo atendendo aos xestos e sen concesin inmediatez que parece dominar os discursos audiovisuais”. Tras este primeiro premio, Lozano busca agora que El silencio de Allen Robert Angelo poida ser seleccionado noutros festivais.
Xunto ao seu documental, entre os seleccionados e seleccionadas para unha seccin dedicada ao cinema emerxente galego atopbanse tamén outros traballos nacidos na 鶹, como Oda extincin da estudante de Belas Artes Isabella Moreno, ou Persistencia do baleiro, que Moreno realizou xunto con José Garca Estévez. Entre as pezas seleccionadas figura a mesmo Unha e outra vez, da tamén alumna desta facultade Alba Amoedo; Salir do limbo, do estudante de Comunicacin Audiovisual Antn Rodrguez, ou Fun abalar a pedra que est no medio do mar, do alumno de doutoramento Breogn Xague.
