As artistas Esther Ferrer e Concha Jérez participaron no ciclo Conversas arredor da performance
Dúas premios nacionais debaten no campus sobre unha arte hbrida “que necesita existir”
O coloquio foi moderado polo profesor de BBAA Carlos Tejo
A Premio Nacional de Artes Plsticas Esther Ferrer e a Premio Nacional de Artes Visuais Concha Jérez, dúas artistas multidisciplinares cunha ampla traxectoria na que, xunto a outra serie de disciplinas, tivo unha importancia central a arte de accin, protagonizaron este mércores na sede da Vicerreitora do campus a primeira edicin do ciclo Conversas arredor da performance. Conducido polo profesor da Facultade de Belas Artes Carlos Tejo, o coloquio foi abordando diferentes cuestins relacionadas cunha arte “hbrida e integradora”, como sinalou Ferrer, unha disciplina que se define por “ser unha arte presencial, que necesita existir” e que involucra “a parte fsica e a parte mental”, como engadiu Concha Jérez.
“É un momento único que comparte o artista con público e que ten niso toda unha serie de leis ocultas, o concepto do tempo, do ritmo, e, sobre todo, o desenvolvemento moitas veces sen materiais de todo un pensamento”, destacou Concha Jérez, unha artista recoecida tamén coa medalla de ouro ao Mérito s Belas Artes ou co premio MAV (Mujeres en las artes visuales), respecto do eixo dun ciclo dirixidoa promover unha reflexin sobre esta disciplina coa participacin de diferentes artistas ou crticos. “É unha forma de expresin que integra todos os xéneros, todas as disciplinas, que non ten forma definitiva, nin dogmtica, cada artista fai a súa propia interpretacin do que considera que é unha performance, e iso é un dos seus grandes intereses e vantaxes, pero tamén un risco”, engadiu Ferrer, cuxa traxectoria artstica foi distinguida con premios como o Velzquez, o Marie Claire por l`Art Contemporaine, o MAV ou o Gure Artea do Goberno vasco.
A moda e a teatralizacin da performance
A partires das preguntas formuladas por Tejo, estas dúas artistas foron abordando cuestins como se a arte de accin constitúe unha prctica periférica ou a súa evolucin nas últimas décadas. “A performance cambia como a vida”, salientou Ferrer, quen apuntou que na actualidade “hai moita xente que se interesa” por esta disciplina, tanto desde o punto de vista artstico como académico, e tamén que “evolucionou moito nos últimos anos”, incorporando aspectos como os “cambios tecnolxicos” que contriburon a diversificar a súa linguaxe e contidos, “porque tes acceso a maneiras de dicir que antes non existan”. Non obstante, Ferrer tamén apuntou que esta “filla ilextima da arte, que me gustara que non se convertese nun xénero mis” est a vivir nos últimos tempos unha “teatralizacin”, lembrando que nos seus inicios como artista, na década de 1960, “se haba un dogma era distanciarse o mximo posible do teatro”, xa que o seu leit motiv “era que a performance non representa, presenta”.
Nese mesmo senso, Jérez recoeceu que se trata dunha “evolucin bastante nociva”, que fai que a performance “quede baleira en moitos casos”. Por outra banda, esta artista tamén puxo o foco en que na actualidade “hai moito interese” por esta prctica entre as novas xeracins de artistas, anda que tamén incidiu en que o feito de que, ao seu xuzo, a arte de accin “estea de moda” xera o perigo “de que se banalice”. “Estou desexando que pase de moda, para que deste os artistas que realmente tean a necesidade de desenvolver o seu discurso a través da performance”, concluu.
A discriminacin das artistas
Mis al da arte de accin, Tejo achegou a este encontro preguntas como se a muller sofre discriminacin como artista, que recibiu a resposta afirmativa de Jérez e Ferrer. “S tes que mirar nos museos e galeras cantas exposicins persoais hai de artistas mulleres”, salientou esta última, quen valorou a implicacin neste eido das novas xeracins, “que esixen o que lles corresponde con moito esforzo”, xa que “para conseguir o mesmounha artista muller ten que traballar cinco veces mis” que un home. “Estn loitando mis”, pero non creas que o estn conseguindo, lamentablemente”, engadiu Jérez, quen incidiu en que a porcentaxe de obras de mulleres artistas nas coleccins dos museos seguen sendo “mnimas, na maiora do 10 ou 15%”, mentres que Ferrer puxo o foco en como as mostras colectivas que integran obras de mulleres artistas continúan a presentarse como “unha exposicin de mulleres”, o que non acontece cunha colectiva que reúnaobra de homes ou de artistas de ambos sexos, o que a amosa, denunciou, “que anda somos unha excepcin”.
Por outra banda, pregunta de se a arte de accin pode ser unha ferramenta para o cambio poltico, incidiron na capacidade desta e outras manifestacins artsticas para “pr o foco de atencin” en determinadas situacins e problemticas e promover unha reflexin. “A min non me importa que ao público lle guste ou non a mia obra, pero si que lle dea que pensar”, salientou nese punto Jérez, mentres que Ferrer destacou que “toda manifestacin artstica pode axudar a reflexionar sobre algo”, pero que se arte “verdadeiramente puidese cambiar o mundo, entn fixémolo moi mal”.




