Da Mundial da Xustiza Social 2022

鶹 – Responsabilidade social axenda 2030 18/02/2022

Cada 20 de febreiro celébrase o Da Internacional da Xustiza Social. Este ano, o lema elixido é “lograr a xustiza social a través do emprego formal”. A Asemblea das Nacins Unidas proclamou esta data en 2007 para incidir en que a xustiza e o desenvolvemento social son indispensables para a consecucin e o mantemento da paz e da seguridade nas nacins e entre elas. Á súa vez, reafrmase en que o desenvolvemento social e a xustiza social non poden alcanzarse se non hai paz e seguridade ou se non se respectan todos os dereitos humanos e as liberdades fundamentais.

A xustiza social aprtase un pouco do concepto de xustiza legal e baséase nos dereitos humanos fundamentais e na igualdade de oportunidades. A organizacin UNICEF recolle que existen tres aspectos clave dentro da xustiza social: a discriminacin, a pobreza e o conflito. Falamos de situacins de desigualdade e de inxustiza cando estas necesidades non se satisfn. Esta mesma organizacin, con respecto Axenda 2030, fai énfase en que para que haxa un desenvolvemento sostible efectivo, é precisa a igualdade de oportunidades.

O lema deste ano quere facernos reflexionar sobre o feito de que mis do 60 % da poboacin mundial empregada traballa na economa informal. A pandemia da covid-19 puxo de relevo a vulnerabilidade deste colectivo que, en moitos casos, carece de proteccin social ou de beneficios relacionados co emprego e, polo tanto, ten o dobre de probabilidades de ser pobre en comparacin coas persoas que traballan en empregos regulados. Esta situacin evidencia a necesidade da xustiza social. Por isto a Axenda 2030 e o informe do secretario xeral sobre "A nosa axenda común” recoecen a prioridade da transicin economa formal e piden que se establezan rutas para integrar os traballadores e traballadoras e as empresas informais nas economas formais.

A xustiza social é un concepto transversal intimamente relacionado coa Axenda 2030 e non se pode asociar cun único obxectivo de desenvolvemento sostible. Non obstante, en relacin co lema deste ano, resaltamos a importancia do ODS 10 "fin das desigualdades", o ODS 8 "traballo decente e crecemento econmico" e o ODS 1, "fin da pobreza". Ademais dos xa mencionados, queremos facer especial énfase no ODS 16, paz, xustiza e institucins slidas, xa que os conflitos, inseguridades, institucins débiles e o acceso limitado xustiza supoen unha ameaza para a xustiza social e, por tanto, para o desenvolvemento sostible.

Mis informacin:

Área de Responsabilidade Social eCooperacin
Vicerreitorade Responsabilidade Social, Internacionalizacin eCooperacin
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 587
direc.rsco@uvigo.gal