Da Mundial da Cero Discriminacin 2022
O da 1 de marzo celébrase o Da Mundial da Cero Discriminacin. Nesta data promvese a fin de todas as formas de discriminacin e ponse de relevo a importancia de que os dereitos sexan accesibles para as persoas independentemente de factores como a súa orixe, orientacin sexual, etnia ou nacionalidade. Este ano 2022 o lema é «Eliminemos as leis que prexudican, creemos leis que empoderan».
No ano 2013, a Asemblea Xeral das Nacins Unidas escolleu esta data despois de que o Programa Conxunto da ONU sobre o VIH/SIDA (ONUSIDA) puxera en marcha unha campaa contra a discriminacin no Da Mundial da Loita contra a Sida. Durante os primeiros anos nos que se detectaron estas doenzas, o VIH e a Sida foron tratadas polos medios e autoridades como enfermidades morais, o que propiciou que miles de persoas morreran a causa da inaccin poltica e e da estigmatizacin extrema dos infectados.
Este ano, ONUSIDA quere chamar a atencin sobre como leis discriminatorias provocan que moitas persoas sexan privadas do acceso servizos esenciais exclusivamente por ser quen son, a súa forma de vida ou de amar. Estas leis van en contra dos dereitos humanos e das metas do ODS 3,«Saúde e benestar», que procura erradicar o VIH e a Sida. Concretamente, o VIH é a principal causa de morte no mundo entre as mulleres en idade reprodutiva, polo que resulta fundamental pensar este drama como parte das desigualdades de xénero que o ODS 5,«igualdade de xénero», busca eliminar.
Dende a Vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalizacin e Cooperacin queremos sumarnos a esta celebracin e salientar a importancia de rachar estigmas entre a comunidade universitaria, para reinvindicar o dereito de todas as persoas a vivir unha vida plena, produtiva con dignidade e libre de discriminacin.
Mis informacin:
Área de Responsabilidade Social eCooperacin
Vicerreitorade Responsabilidade Social, Internacionalizacin eCooperacin
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 587
direc.rsco@uvigo.gal




