Da Internacional da Solidariedade Humana

鶹 – Responsabilidade social axenda 2030 18/12/2020

O 20 de decembro celébrase o Da Internacional da Solidariedade Humana. É unha data na que fomentar o debate sobre as maneiras de promover a solidariedade para cumprir cos obxectivos do desenvolvemento sostible e para sensibilizar as persoas sobre a grande importancia que ten participar, actuar e buscar novas iniciativas para erradicar a pobreza. Ademais das responsabilidades que todas as persoas temos coas nosas sociedades, incúmbenos a responsabilidade colectiva de respectar e de defender os principios da dignidade humana, da igualdade e da equidade nun plano mundial.

Determinados valores fundamentais como a solidariedade, a liberdade, a igualdade, a tolerancia, o respecto natureza e a responsabilidade común son esenciais para as relacins internacionais do século XXI. Pronto comeza un novo ano e os problemas mundiais deben tratarse de tal maneira que os custos e as cargas se distribúan con equidade, conforme aos principios fundamentais de xustiza social. Aquelas persoas que mis sofren e menos se benefician son as que merecen e deben recibir axuda das mis beneficiadas.

Toda persoa ten o poder de cambiar algo, a solidariedade é o valor mis humano que existe. Inclúe a quen participa en voluntariados, a quen loita polos dereitos, a quen denuncia abusos en busca dun cambio, a quen recolle alimentos para as persoas que mis o necesitan e a quen se levanta cada ma e fai o posible por axudar. A solidariedade est nas nosas mans. Trtase dun cúmulo de grandes xestos voluntarios e a esta vontade da sociedade debe unirse a dos estados para cumprir cos compromisos, lograr os obxectivos do desenvolvemento sostible e poer fin pobreza.

Fotografa de Laura Trianes Garca

Mis informacin:

Área de Responsabilidade Social e Cooperacin
Vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalizacine Cooperacin
+34 986 813 587
direc.rsco@uvigo.gal