Da Internacional da Lingua Materna 2024
O Da Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da Unesco en 1999 e celébrase cada 21 de febreiro dende o ano 2002 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural.
A Unesco defende que as sociedades multilingües e multiculturais existen a través das súas linguas, que transmiten e que preservan as tradicins de seu de maneira sostible. Por iso, a través dos obxectivos de desenvolvemento sostible, procura fomentar e promover a educacin multilingüe baseada na lingua materna ou primeira lingua. Segundo os informes da Unesco, o 40 % da poboacin mundial carece de acceso a unha educacin nunha lingua que fale ou entenda. E non s iso, senn que cada dúas semanas desaparece en todo mundo unha lingua, o que implica a perda de todo un patrimonio cultural e intelectual. Para explicar esta perda de riqueza lingüstica é necesario pr o foco na globalizacin, na desigualdade na educacin e na necesidade de fomentar aquelas linguas indxenas, minorizadas e/ou en perigo de extincin.
A lingua materna é o idioma en que os mis cativos e cativas aprenden a falar e a relacionarse coa súa contorna. Pode acontecer que nun territorio coexistan distintas linguas e as persoas habitantes tean dúas ou mis linguas maternas. No caso de Galicia, o galego e o espaol son idiomas cooficiais, mais na prctica, a lingua galega é unha lingua minorizada. O Instituto Nacional de Estatstica situou en 2022 o casteln por primeira vez como a lingua usada con mis frecuencia en Galicia, tanto no mbito laboral, coma no familiar ou das amizades. Anda que case a totalidade da poboacin galega entende o idioma, a maior parte non o leva practica. As cifras son mis desacougantes cando nos centramos na mocidade: apenas o 35 % dos mozos e mozas empregan o galego «sempre» ou «frecuentemente» coa súa familia e a porcentaxe cae ao 31 % coas súas amizades. A pesar de ser a lingua histrica e patrimonial de Galicia, e da súa inclusin nas institucins autonmicas, cada vez corre mis perigo de desaparecer no uso. A educacin é un factor chave.
Na universidade, a 鶹 ten o galego como lingua institucional e leva facendo labores de normalizacin e fomento da lingua dende os seus inicios, tal e como se recolle nos seus estatutos e na poltica lingüstica. A Área de Normalizacin Lingüstica elabora manuais para empregar como material de traballo; ofrece cursos de aprendizaxe de galego de distintos niveis, as coma de linguaxe de especializada; leva a cabo distintas campaas de dinamizacin lingüstica; e ofrece asesoramento lingüstico a todos os membros universitarios.
Para acadar a normalizacin do galego, a nosa lingua materna, cmpre promovelo en todos os mbitos da educacin e do traballo. Queres comezar a falar galego? Faino de tranqui, como nos convidan desde Área de Normalizacin Lingüstica (ANL) na súa nova campaa «Galego de tranquis! Sen atafegos e sen présas».
Se ademais queres matricularte nos seus cursos de formacin deste cuadrimestre, ata o da 23 pdeste inscribir .
E, lembra que o único galego mal falado é o que non se fala.
Vicerreitora de Benestar, Equidade e Diversidade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 261
vic.benestar@uvigo.gal|direc.equidade@uvigo.gal
Área de Normalizacin Lingüstica
Edificio Newton
Facultade de Filoloxa e Traducin
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 574
anl@uvigo.gal




