Posta en marcha das aulas virtuais de Campus Remoto
Anda que o previsto era que as aulas xemelgas empezaran a funcionar o vindeiro luns, hoxe todas as aulas solicitadas polos decanatos e as direccins dos centros estn xa preparadas e listas para comezar as probas. Creronse asemade dúas salas de xuntas por centro para realizar xuntanzas.
LembrmosvosÌýque durante as vindeiras semanas cmpreÌýque o profesorado que queiraÌýse vaia familiarizandoÌýco seu uso, para o que tamén se crearon catro salas de probas por centro.
A xestin das aulas virtuais, que se configuran como espazos docentes dos centros, levaranaÌýos decanatos e as direccins.
Agradecémoslles aos decanos e decanas e aos directores e directorasÌýa súa implicacin neste proceso, as como, moi especialmente, ao persoal dos servizos implicados na posta en marcha de todo o entorno daÌýdocencia virtual que configuraÌý.
Recordmosvos que en Campus Remoto se integran Faitic, que segue a ser a plataforma de teledocencia de referencia do profesorado da nosa universidade e estas novas aulas virtuais, unha ferramenta que serve de complemento para que o profesorado que as o decida poida utilizala para suplir a ausencia das clases presenciais.
Reitermosvos que o mis importante ata o perodo de Semana Santa é a reformulacin da actividade docente que se faga en cada materia. SeÌýtodo vai ben, seguiremos a traballar cos centros para tomar mis medidas no caso de queÌýo peche se alongue.
Co esforzo de todas e todos seremos quen de salvar o curso académico!
Ìý




