Carta do reitor sobre a integracin das escolas adscritas de Enfermara na Âé¶¹¹û¶³

Âé¶¹¹û¶³ - °ä´Ç³¾³Ü²Ô¾±³¦²¹³¦¾±²Ô 02/02/2024

Carta aberta ao benquerido compaeiro e amigo Claudio Cerdeiria

Atopei onte o teu documento, entregado por Cividas o martes, ao respecto da túa visin do acontecido co Mestrado en enfermara. Sinceramente, sntome inxustamente tratado, sorprendido e abraiado polo escrito que subscribes en nome da Plataforma pro Campus. É para min, persoalmente, unha decepcin profunda que, en todo caso, non vai modificar a mia folla de ruta para o campus; espero deixalo moi ben encamiado para o futuro cando deixe a actual responsabilidade para a que a comunidade universitaria me elixiu.

Como quizais saibas (ou pode que non), levo traballando varios anos para crear unha Facultade de Enfermara que acubille os actuais estudos impartidos nos tres campus. A situacin herdada (non quero insinuar que tea culpables) era ben encerellada. Non temos ningunha titulacin de enfermara propia e temos, nada mis e nada menos, que catro escolas adscritas no conxunto dos tres campus: dúas dependentes do Sergas (en Ourense e en Vigo), unha da Deputacin de Pontevedra e unha privada en Vigo (Povisa). Nos procesos de acreditacin da titulacin (que é única e constitúe unha responsabilidade, en último termo, da Âé¶¹¹û¶³) xa nos avisaron, en dúas ocasins, de que era preciso afrontar distintos cambios. Na actual acreditacin fixemos constar que se estaba traballando na creacin da nova Facultade de Enfermara.

Cando decidimos impulsar o proceso de creacin da Facultade de Enfermara da Âé¶¹¹û¶³, eu albisquei unha facultade intercampus: un centro con responsabilidades compartidas, capaz de aproveitar todo o talento das actuais escolas adscritas, de captar e de reter talento de fra e, obviamente, de cubrir a formacin de novos profesionais e de novos membros do seu cadro de persoal docente e investigador. Por iso apostei persoalmente pola posta en marcha dun ttulo de Mestrado en enfermara, aberto s persoas graduadas e que permitir logo seguir co ttulo de doutoramento, ao entender que a formacin de doutores e doutoras é, seguramente, a maior eiva das actuais escolas adscritas.

Para a posta en marcha desta facultade, considerei oportuno nomear un decano-comisario, un cargo que tia que recaer nun profesor a tempo completo e membro da Âé¶¹¹û¶³. Loxicamente, non poda ser unha persoa non pertencente nosa institucin. Nomeei unha persoa da mia total confianza que, na mia opinin, est a desenvolver un magnfico traballo e a tentar arranxar todos os atrancos que van xurdindo. Quero facer constar o meu agradecemento ao profesor Rafael Durn Barbosa.

Para a posta en marcha do mestrado, o decano-comisario creou unha comisin na que participaron cinco persoas: unha en representacin de cada escola adscrita, un médico, que leva tempo colaborando coa institucin, e el mesmo. O resultado foi que recibimos a tempo unha proposta, que a levamos ao Consello de Goberno coma calquera outra. Tiamos dúas posibilidades, tendo en conta que o mestrado deba de tramitarse a través dun centro rexistrado no RUCT: esperar a creacin da Facultade de Enfermara ou tramitalo nun centro preexistente. Como para min e para o meu equipo era unha cuestin urxente, decidimos pedirlle Facultade de Fisioterapia (o noso único centro docente do mbito das ciencias da saúde) que o tramitase. Eu estoulle moi agradecido ao centro por aceptar. Isto permite adiantar un ano completo a tramitacin. Pero todo o mundo sabe que, se nese ano se crea a Facultade de Enfermara da Âé¶¹¹û¶³, o ttulo se adscribir a este centro.

Non vou relatar as dificultades do proceso de creacin da Facultade de Enfermara, pero si quero facer constar a mia satisfaccin por sermos quen de atopar as complicidades necesarias para a súa posta en marcha nos campus de Ourense, de Pontevedra e de Vigo, includo seguramente o ttulo de carcter privado impartido en Vigo, ademais de en distintos departamentos da Xunta de Galicia. Por primeira vez (esta creacin xa a intentaron outros equipos reitorais, sen éxito) penso que vai ser factible. Anda que, por desgraza, a utilizacin, con fins polticos ou doutra natureza, da queixa polo correcto quefacer da universidade, en vez de axudar, afasta o obxectivo, co cal este equipo reitoral segue plenamente comprometido.

Seguimos co compromiso tantas veces expresado porque pensamos que unha facultade única, integrada e con persoal dos catro ttulos actuais é unha boa aposta para Galicia. Porque toda a formacin dos e das profesionais da enfermara do sur do noso pas se beneficiara das melloras derivadas do cumprimento da nosa folla de ruta. Porque aspiramos a que a nosa futura Facultade de Enfermara faga magnficas achegas de investigacin que, seguro, redundarn na mellora das condicins de vida das persoas enfermas.

Seguimos coa idea de facer todo o posible para ter unha facultade completa o antes posible, e para que ese centro, gobernado desde os tres campus, sexa un orgullo para todos e todas ns.

Manuel Joaqun Reigosa Roger
Reitor
Ìý