Manifesto da Crue co gallo do Da Internacional da Convivencia en Paz 2024

鶹 – Social responsability agenda 2030 16/05/2024

A Asemblea Xeral de Nacins Unidas, ao recoecer a necesidade de eliminar todas as formas de discriminacin e de intolerancia, na súa resolucin 72/130 do 8 de decembro de 2018, declarou o 16 de maio como Da Internacional da Convivencia en Paz, salientando a importante funcin da sociedade civil, especialmente do mundo académico, para o fomento do dilogo entre relixins e culturas e alentando a que se adopten medidas que mobilicen a sociedade civil, tales como a divulgacin da importancia desta declaracin, a organizacin de actividades de dilogo ou o establecemento de marcos de cooperacin.

Con respecto a isto, Crue Universidades Espaolas reafirma o seu compromiso coa convivencia pacfica e co respecto mutuo con miras a promover a paz, a tolerancia, a inclusin, a comprensin e a solidariedade. Especialmente, nas institucins de educacin superior, que non son senn espazos de diversidade, onde converxen persoas con diferentes orixes, culturas, crenzas, perspectivas e ideoloxas. É esta diversidade a que enriquece o noso entorno académico e nos brinda a oportunidade de seguir a aprender e a convivir.

Neste mundo, no que o conflito, a crispacin e a confrontacin son lamentablemente moi frecuentes, as nosas universidades han de ser faros de esperanza na construcin dun mundo mellor. Debemos ser auténticos axentes de cambio, fomentando ambientes inclusivos nos que a docencia, a investigacin, a transferencia e a innovacin se desenvolvan sobre a base do respecto, o dilogo e a comprensin. Ambientes nos que cada individuo se sinta valorado e respectado polo que é, e nos que se rexeite con firmeza calquera forma de discriminacin, odio ou violencia.

A cooperacin entre as distintas disciplinas de coecemento, entre as ciencias e as humanidades, demostrou ser unha frmula de éxito para un progreso firme, sostible, e mis humano. Traslademos esa convivencia frutfera que alentamos dende os nosos campus ao resto da sociedade, demostrando que los valores que sustentan estas alianzas son efectivos hora de previr o conflito ou, cando sexa necesario, de reparalo. Renovemos hoxe, por tanto, o noso firme compromiso cun futuro de paz, convivencia e progreso nas nosas universidades, e no mundo enteiro.

Madrid, 16 de maio de 2024

Área de Equidade e Diversidade
Vicerreitora de Extensin Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 261
direc.equidade@uvigo.gal

Crue Universidades Espaolas
Secretara Xeral
Paseo de Recoletos 27, 3.º andar
28004 Madrid