Da Mundial da Accin polo Clima
O obxectivo 13 de desenvolvemento sostible () da Axenda 2030 insta a adoptar medidas urxentes para combater o cambio climtico e os seus efectos. O 26 de marzo, Da Mundial da Accin polo Clima, pode ser o pretexto perfecto para que cambiemos os nosos hbitos e contribuamos a reverter o proceso.
Todo o planeta est a experimentar as tremendas consecuencias do cambio climtico, xa sexa polas perdas agrcolas causadas polo adianto ou atraso das estacins, como polo aumento da frecuencia de desastres naturais como tsunamis, ciclns, inundacins, etc. Ademais, estas consecuencias levan consigo unha perda econmica de centos de millns de euros.
Estmase que as actividades humanas dende a era preindustrial ata hoxe causaron un quecemento global de 1 ºC. Para limitalo a 1,5 ºC ata 2050, as emisins de CO2 deberan diminur nun 45 % entre 2010 e 2030.
Debido ao incremento da temperatura, estase a producir desxeo nos polos, o que levou a que o nivel do mar aumentase 20 cm dende 1880. Prevese un aumento de 30-122 cm para 2100.
Non est unicamente nas mans da clase poltica frear o cambio climtico, ti podes contribur a frealo. Ti podes ser o/a axente do cambio. Como?
- Usa menos o teu coche: utiliza sempre que poidas medios de transporte sostibles, como a bicicleta; se non podes, tenta empregar o transporte público. Segundo a Axencia Medioambiental Europea (EEA), a opcin de transporte público que menos CO2 emite por pasaxeiro e km é o tren, seguido do autobús e, por último, o avin.
- Aforra enerxa: canta menos enerxa consumas, menos CO2 estars emitindo. Non deixes os electrodomésticos en stand by, axusta o termstato e fxate ben nas etiquetas antes de mercar un novo aparello electrnico.
- Reduce o teu consumo en xeral: esta é a mis importante das tres R. Reutiliza ao mximo, aproveitando os mercados de segunda man tanto para vender como para mercar. E, por último, recicla todos os residuos que poidas!
- Na túa dieta, reduce o consumo de carne: a gandera é unha importante fonte de CO2 que contribúe ao efecto invernadoiro. Intenta consumir produtos quilmetro cero e de tempada, para evitar as emisins por transporte. E, sobre todo, evita os produtos envasados para reducir o uso de plsticos.
- Axuda recuperacin de bosques: son os pulmns do noso planeta e hai moitas asociacins e colectivos que buscan repoboar os nosos montes con especies autctonas.
Para mis informacin:
Oficina de Medio Ambiente (OMA)
+34 986 813883
oma2@uvigo.es
Área de Responsabilidade Social e Cooperacin
Vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalizacin e Cooperacin
+34 986 813 587
direc.rsco@uvigo.es




