Um de Oliveira, Lidia Dosil e Tania Castelo venceron na categora de creativos novos

Tres alumnas pontevedresas triunfan no festival iberoamericano de publicidade El Sol

Os equipos participantes nesta modalidade tian que desear unha campaa para a FAD

Tags
  • Pontevedra
  • Estudantes
Eduardo Muiz DUVI 05/06/2017

A voz de FAD é o ttulo da campaa ideada por tres alumnas da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicacin, Tania Castelo, Lidia Dosil e Um de Oliveira, para o concurso que o Festival Iberoamericano de Comunicacin Publicitaria El Sol propua aos e s concorrentes na súa categora de Jvenes Creativos. Unha campaa coa que este sbado se alzaban co Sol de Oro, o primeiro premio desta modalidade, na gala que celebrou en Bilbao “un dos festivais mis importantes e con mis percorrido que hai en Espaa” no eido da publicidade, como salientan estas tres estudantes do grao en Publicidade e RRPP.

Mis de 2500 pezas, segundo a organizacin, concorren cada ano a un certame dirixido a recoecer as mellores campaas da industria publicitaria, que desde hai dez anos conta tamén cunha categora para novos e novas talentos, que se presentaron neste 2017 mis de 200 proxectos. Todos eles, tian como partida unha proposta de traballo común, a de desear unha campaa para a Fundacin de Ayuda a la Drogadiccin (FAD), centrada na problemtica do consumo de alcol en menores.

Unha proposta que parte da controversia

“Fixemos unha campaa dividida en dúas partes e na primeira o que queramos era xerar un pouco de controversia”, relata Castelo dun proxecto no que propuan abrir en internet un proceso de recollida de sinaturas para legalizar o consumo de alcol aos 14 anos. Proposta que se levara a cabo a través do perfil ficticio de Fran Avilés Domnguez, cuxas iniciais coinciden coas siglas da FAD, co propsito de abrir un debate nas redes sociais. “Crearanse perfs para visualizar o que vén sendo a realidade sobre o consumo de alcol en menores e recoller toda esa controversia”, relata dunha proposta que non desvelara que se trata dunha campaa desta fundacin ata a súa segunda fase, co propsito de recoller as reaccins da sociedade para crear con elas "a voz da propia FAD”. Deste xeito, explican, na súa proposta de campaa, “non sera unha voz en off a que dese a mensaxe, senn a propia sociedade”. Non en van, engade Oliveira, o propsito do seu proxecto era incidir en que o aumento do consumo de alcol entre menores constitúe “problema real que é responsabilidade de todos”.

Grazas a esta idea, estas tres estudantes entraron a formar parte dos 19 finalistas que conformaban a lista corta dos Premios El Sol e que as levaron a participar nas actividades que, ao abeiro deste festival, desenvolvéronse desde o pasado xoves no Palacio Euskalduna de Bilbao. Xa na tarde do sbado, chegou o momento da entrega de premios nas diferentes categoras, que levou a estas tres estudantes a recoller o seu sol de ouro de mans do presidente da FAD, Ignacio Bayn. “A experiencia da gala estivo moi ben, estabamos nunha nube da emocin”, recoece Oliveira dun eveto no que o segundo e o terceiro premio da categora de creadores novos foron para os proxectos achegados por alumnado da Universidad Rey Juan Carlos de Madrid e da a escola The Atomic Garden.

Premios que amplan experiencias e currculo

Poucos meses antes deste sol de ouro, estas tres alumnas lograban xa proclamarse finalistas do Hack for Good promovido polo Club de Creativos, mentres que Oliveira e Dosil lograron tamén este mesmo curso proclamarse finalistas do Festival Inspirational que promove a asociacin de empresas IAB Spain. “A nivel persoal, participar neste tipo de concursos é moi gratificante e a nivel profesional serven para darte a coecer, son un valor engadido” nos seus currculos, recoece Dosil. “Ademais, permiten poer en prctica os coecementos tericos adquiridos na careira”, engade Um de Oliveira.

Do mesmo xeito, Castelo pon de relevo a oportunidade que a participacin en festivais como El Sol lles proporciona de “abrirte un pouco ao mundo, coecer profeisonais do sector ou simplemente a xente que est na túa mesma situacin noutros centros de Espaa”. Nese senso, as tres coinciden no positivo que, mis al do premio, resultou poder participar, grazas a ser seleccionadas finalistas, nas diferentes charlas e talleres que completaron o programa do festival.