Bravxs universitarias
O obxectivo de desenvolvemento sostible (ODS) número 5 da Axenda 2030 establece a necesidade de acadar a igualdade de xénero e apoderar todas as mulleres e nenas. Este apoderamento pasa necesariamente, tal e como avoga o ODS número4, por eliminar as disparidades de xénero na educacin asegurando o acceso igualitario das mulleres formacin técnica, profesional e superior de calidade.
Os cambios operados nas últimas décadas no sistema de valores e na aplicacin de polticas activas de igualdade fixeron posible a entrada masiva da muller na universidade e o seu acceso a postos de traballo que, ata hai relativamente pouco, estaban reservados aos homes.
Non obstante, a realidade é teimuda. A pesar de que as mulleres supoen o 55 % do alumnado universitario, seguen tendo unha presenza minoritaria nas carreiras de Ciencias, Tecnoloxa, Enxeara e Matemticas (as denominadas carreiras STEM). Os datos recompilados polo Ministerio de Educacin evidencian este feito. As, no curso 2017/18, as mulleres matriculadas na titulacin de Matemticas supuxeron un 38 % e na de Fsica un 26 %, mentres que nas titulacins de Enxeara, Industria e Construcin a matrcula baixa a un 25 % e na de Informtica cae a un exiguo 12 %.
A 鶹 quere formar «bravxs» avogadas, educadoras, profesionais da saúde... pero tamén «bravxs» cientficas, informticas, enxeeiras e matemticas. A sociedade non pode desperdiciar o talento e potencial feminino. Por isto, a nosa Universidade comprométese a traballar no cambio desta tendencia inspirndose nos ODS 4 e 5 da Axenda 2030 e reivindicando o papel central da muller na sociedade, tale como manifesta a Conferencia de Reitores das Universidades Espaolas (CRUE) no seucomunicado con motivo doDa Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
Coece o ODS 4 e o ODS 5 premendo en cada icona...
Para mis informacin:
Área de Responsabilidade Social e Cooperacin
Vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalizacin e Cooperacin
+34 986 813 587
direc.rsco@uvigo.es




