14 proxeccins e tres relatorios integran o programa de ‘Ante o tempo’, que comeza este venres

Heroes e heronas protagonizan o novo ciclo de cine da Vicerreitora

Con entrada libre, as sesins tern lugar os venres s 19.00 horas na Casa das Camps

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Pontevedra
  • Cine
  • Cultura
  • Cultura
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 15/01/2019

“Todas as culturas edifican parte do seu imaxinario colectivo sobre figuras que acadan o estatuto de fundacionais e entre elas destaca primordialmente a figura do heroe”, sinala o programador cultural Suso Novs, coordinador do ciclo de cine Ante o tempo que, a partires deste venres, propor na Casa das Camps unha reflexin sobre como a figura do heroe e da herona “configura o imaxinario histrico e mtico de determinadas culturas”, vez que analizar como esta figura “vai evolucionando ao longo da historia do cinema”. Integrado por 14 proxeccins, complementadas pola presentacin do filme e o posterior coloquio, as como por tres relatorios, o ciclo de primavera da Vicerreitora do campus desenvolverase nas tardes dos venres, s 19.00 horas, ata o mes de maio, comezando este 18 de xaneiro coa proxeccin de Robin dos bosques.

“A figura do heroe ou herona forma parte da historia do cinema de formas moi diversas”, sinala Novs do eixo dun ciclo que buscareflexionar sobre como esas figuras “de reminiscencia grega e romana, fillos de deuses e humanos” estn presentes na historia do cinema, mais tamén en como esta arte retrata a figura da persoa que realiza “unha accin abnegada en beneficio dunha causa nobre”.

Evolucins e revisins

A proxeccin da pelcula de Michael CurtizRobin dos bosques, que presenta un arquetipo de heroe baseado, “na acrobacia, a elasticidade e a forza”, abre un ciclo que o da 25 centrarase nos “personaxes urbanos, cunha idiosincrasia e unhas caractersticas psicolxicas determinadas” do cinema de Michael Mann, a través dunha conferencia do profesor e crtico José Manuel Lpez, para, o 1 de febreiro, abordar a idea do heroe “como un personaxefora do tempo, cun cdigo de ideas moi forxado que entra en colisin cos demais”, a través de O longo adeus, de Robert Altman. Á semana seguinte, o venres 8, tocar afondar encomo o cinema reflicte a idea “do suxeito que por unha serie de circunstancias revela unha serie de atributos que el mesmo descoece que os demais nin lle supoen” con O irmancio, de Ted Wilde, J.A. Howe e Lewis Milestone. O 15 de febreiro o ciclo achegarase s figuras dos superheroes, a través da “revisin e autoanlise dos propios modelos xenéricos”, que Matthew Vaughn propn en Kick-Ass, mentres que a seguinte sesin estar dedicada a unha das referencias clsicas do heroe enmascarado, O sinal do zorro de Robert Mamoulian.

O 1 de marzo, o ciclo continúa con Aliens: o regreso de James Cameron, filme que protagoniza “unha das grandes personaxes femininas do cinema de ciencia ficcin”, mentres que o 8 a “perda da inocencia do cinema clsico e os espazos de trnsito entre o heroe clsico e o novo heroe” veranse reflectidos en Duelo na Alta Serra, de Sam Peckinpah. A ciencia ficcin retornar o 15 de marzo con O incrible home minguante, para, o venres 22, achegarse a “unha das grandes heronas do melodrama” a través de Stella Dallas, e pechar marzo coa posta en cuestin “do heroe branco do cinema de accin” que, apunta Novs, John Carpenter propn en Golpe na Pequena China.

Abril abrirase, o venres 5, con Os vikingos, de Richard Fleischer, “un dos clsicos do cinema de aventuras, no que xa se amosa unha crise no modelo heroico clsico”, mentres que semana seguinte poder verse Fargo, de Joel e Ethan Coen, filme co que abordar de novo a idea "da personaxe aparentemente andina, que revela unha intuicin moi elevada nun mundo falto de ética”. Tamén en abril, o ciclo complétase o mércores17 cun relatorio de Novs sobre heroicidade no cinema clsico de Hollywood, e coa proxeccin, o da 26, de Mad Max: Furia na estrada, de George Miller. Xa en maio, a Casa das Camps acoller, o venres 3, a proxeccin de O tren, de John Frankenheimer, filme co que abordar a idea “do heroe colectivo”, para pecharse o ciclo o da 10 cun relatorio do profesor da Facultade de Belas Artes Alberto Ruiz de Samaniego.

Nova cita co cinema documental

O inicio do ciclo verase precedido, este xoves 17, pola proxeccin de If (1968), de Lindsay Anderson, na última sesin do ciclo promovido pola Vicerreitora para o primeiro cuadrimestre, que tivo que adiarse a xaneiro. Por outra banda, o Teatro Principal acolle o vindeiro luns 21 s 20.30 horas a proxeccin do documental Silvana, nunha nova sesin do ciclo , que a Vicerreitora do campus promove en Pontevedra coa colaboracin do Concello e que este mes estar dedicado ao filme que as cineastas Mika Gustafson, Olivia Kastebring e Christina Tsiobanelis centraron na figura da rapeira lituana residente en Suecia Silvana Imam, activista e icona da comunidade queer.