Seis alumnas e ex-alumnas de Belas Artes protagonizan a exposicin â#0â, inaugurada este xoves
Os resultados dunha residencia artstica no rural galego trasldanse Sala X
DĂșas alumnas da facultade veen de obter dous segundos premios no certame Xuventude Crea
En agosto de 2017, seis artistas que por aquel entn vian de completar o mster en Arte Contempornea. Creacin e Investigacin desenvolveron nunha casa en Bembibre, no concello coruĂ©s de Val do Dubra, unha residencia artstica na queÌędurante unha semana conviviron e crearon unha serie de obras que tian como inspiracin comĂșn a chuvia de estrelas das Perseidas ou bgoas de San Lourenzo. Tras presentar semanas despois os resultados daquela iniciativa nun encontro na propia casa, as obras xeradas naquel e para aquel espazo trasldanse agora Sala X, que desde este xoves acolle a exposicin #0, unha mostra que reĂșne as creacins que Mara XosĂ© Domnguez, ÌęAna PĂ©rez ValdĂ©s, Blanca Nieves LourĂ©s, Irene Romero, Alejandra Lago e Patricia Coucheiro desenvolveron no marco dunha convivencia que deron o nome de Encuentros #0.
Ata o 16 de xaneiro poder visitarse neste espazo expositivo unha mostra colectiva na que as pezas se ven complementadas por Ìęunha serie de documentacin, fotografas e materiais empregados nesta iniciativa, as como coa proxeccin en vdeo do diario no que foron rexistrando as diferentes xornadas desta residencia. âConsideramos importante que na Sala X haxa tamĂ©n espazo para traballos realizado por estudantes que se autoorganizan, que promoven unha residencia artstica autoxestionada e que desenvolven un traballo colectivo, que non Ă© o mis habitualâ, salientou a decana de Belas Artes, Silvia Garca, que participou xunto ao director da Ărea de Cultura, Educativa e de Integracin do campus, Manuel Morquecho, na inauguracin dunha exposicin que implicou adaptacin dunha serie de pezas orixinalmente concibidas para exporse na propia casa na que foron creadas, como aconteceu na xornada celebrada en setembro de 2017, na que o pĂșblico asistente e a vecianza da zona puido percorrer esta casa, propiedade de Domnguez, e ir coecendo as obras que se expuan nas diferentes estancias a travĂ©s dun dilogo directo coas sĂșas creadoras.
De convivir nunha casa a habitar un espazo expositivo
Concibida como unha residencia nunha contorna rural, âdistanciada do circuto da arte contemporneaâ, na que as seis artistas buscaban afondar na posibilidade de âxerar un discurso e producir obras sen depender de ningunha institucinâ, como apunta Lago, propia experiencia, que proxectan dar continuidade o vindeiro ano cunha nova residencia, os EncuentrosÌę #1, vinculada desta volta ao eido dixital, deu tamĂ©n pĂ© ao debate sobre como âhabitaran outro espazoâ unha serie de obras orixinariamente concibidas para establecer un dilogo na casa coa que foron creadas. âXurdiron vantaxes e problemticas e houbo que facer pequenas adaptacinsâ, apunta LourĂ©s, que presenta na Sala X, xunto cunha serie de debuxos realizados no marco desta estada, un libro de artista dixital inspirado en A nosa seora de Pars de Vctor Hugo, âno que se fala de dous esqueletos que relacionei dalgunha forma sensitivaâ, e que nesta mostra se traslada Ìędunha habitacin articulada a modo de sala de lectura âa unha peaaâ.
A alumna de doutoramento Alejandra Lago, pola sĂșa banda, incorpora materiais recollidos no seu da en Bembibre, como âmusgo seco, bordado e estampado sobre a propia teaâ, as sĂșas pezas Hilaturas: Perses I e II, dĂșas obras que, partindo de elementos tĂ©xtiles, achĂ©ganse â historia no nacemento de Perseoâ, vertente mis mitolxica desa temtica comĂșn que, como engade LourĂ©s, âcada unha levou sĂșa propia sensibilidadeâ. As, Domnguez vincula en Ti es a mia estrela a idea âdas estrelas que se consumenâ, nunha obra na que lembraba, como apunta LourĂ©s, a sĂșa nai, recentemente falecida.
Nunha peza en vdeo, Nigredo, que orixinariamente se proxectaba no interior da cocia de lea da casa e que se exhibe na Sala X sobre un âpapel de prata que fora un dos elementos cos que estiveramos traballando alâ, Ana PĂ©rez ValdĂ©s achĂ©gase idea da chuvia de estrelas e da propia estancia no rural âdesde unha perspectiva mis ligada nostalxia e a melancolaâ, mentres que Irene Romero afondou neste proxecto âna idea da estrela como algo brillante que vez se descompnâ nunha obra realizada a partires de materiais atopados na contorna, e que se traslada Sala X a travĂ©s dunhas fotografas âque formaban parte do proceso pero que non chegaron a verse en Bembibreâ, apunta LourĂ©s. Por Ășltimo, a exposicin complĂ©tese coa proxeccin do vdeo que ValdĂ©s realizou da performance 34280, que Coucheiro levou a cabo nunha baeira desta casa e que parta da pregunta âde que vemos cando miramos ao ceoâ.Ìę
Premios Xuventude Crea
O alumnado de Belas Artes tamĂ©n foi por outra banda protagonista nos Ășltimos das nos premios , que a Direccin Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia entregou a pasada semana e no que as alumnas de doutoramento Manuela Elizabeth e Rebeca Lpez acadaron sendos segundos premios nas categoras de banda deseada e artes plsticas, respectivamente.
Seleccionada pola sĂșa obra Cabelos de xeo, un cmic no que combina lapis, pastel e acrlico sobre papel, Manuela Elizabeth Rodrguez Gonzlez (MeliMolita) sumou neste 2018 un novo recoecemento nun certame no que, en 2013, xa obtivera o primeiro premio na modalidade audiovisual. âFxome moitsima ilusin porque supn un recoecemento a esta obra en concreto, pero tamĂ©n dalgunha forma a todo o traballo ou percorrido en xeralâ, salienta esta alumna deste recoecemento a unha obra na que narra como âdiante dos ollos da protagonista, unha folerpa de neve convĂ©rtese nun pequeno oso polarâ, que ser acompaado pola nena âdurante todo o ciclo da sĂșa vidaâ. Recoecemento que, por outra banda, suma sĂșa recente seleccin como finalista do II Premio Internacional de Ilustracin promovido polo Concello de Pontevedra, do que saron as imaxes que ilustran o calendario do Saln Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, entre as que tamĂ©n figuran as creacins da alumna do doutoramento Susana Suniaga e e ex-alumna do mster en Libro Ilustrado e Animacin Audiovisual Sarai Lorenzo.Ìę
Quen si obtivo un recoecemento por primeira vez no Xuventude Crea foi Rebeca Lpez, que desenvolve a sĂșa traxectoria artstica baixo o pseudnimo de Rebeca Lar e que tras resultar finalista o pasado ano nas modalidades de fotografa e artes plsticas, obtivo desta volta o segundo premio nesta Ășltima modalidade, na que o primeiro foi para o ex-alumno da facultade Adrin Penido e na que tamĂ©n foi seleccionado cun terceiro premio o alumno de doutoramento David Fidalgo. âPenso que, mi al do econmico, Ă© un recoecemento enorme para todo o traballo que levamos detrsâ, salienta esta artista da distincin outorgada a Na eternidade, as nosas amigas ardentes, unha obra construda con fo e telas que formulou como âunha homenaxe poĂ©tico-pictrica para mia naiâ, articulada a travĂ©s dunha composicin na que rexistra âparte dun poema propio no que establezo paralelismos entre a imaxe de mia nai e a idea da bruxa como muller forte e empoderadaâ, Ìę
Ìę




