O Auditorio Mar de Vigo encheuse para o tradicional concerto da Universidade

Benvida ao Nadal en clave de rock e música clsica

A Orquestra Sinfnica Vigo 430 e a pianista Aysedeniz Gökçin adaptaron temas de Muse ou Queen

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Arte
  • Cultura
  • ú
  • Cultura
DUVI 17/12/2018

O Nadal est xa a piques de chegar e o seu esprito era evidente este sbado no Auditorio Mar de Vigo no tradicional concerto que organiza a Universidade para darlle a benvida s festas. Docentes, persoal e estudantado encheron o recinto para gozar da innovadora proposta da Orquestra Sinfnica Vigo 430, que presentou o espectculo Symphonic Aysedeniz: a rock journey for piano and orchestra, un percorrido por algunhas das bandas mis senlleiras do rock das últimas décadas, como Muse ou Queen, en clave de música clsica, co que a agrupacin celebra o seu décimo aniversario.

O proxecto Vigo 430 botou a andar en 2005 para crear unha agrupacin musical de calidade na que tivera cabida a gran xeracin de músicos novos sados dos conservatorios da comunidade galega. Nos seus comezos o traballo centrouse na creacin dun núcleo de orquestra de corda, que a partir do 2010, e xa co decisivo respaldo do Concello de Vigo, sera o xermolo da Orquestra Sinfnica. Tras estrear Symphonic Aysedeniz: a rock journey for piano and orchestra o venres no teatro Afundacin, o sbado foi a quenda do Concerto de Nadal da 鶹. Os preto de 50 integrantes da orquestra estiveron dirixidos por Carlos Rodrguez, nominado este ano nos Hollywood Music in Media Awards 2018 na categora de Mellor Banda Sonora en Curtametraxe, coa colaboracin especial da pianista turca Aysedeniz Gökçin como solista pero tamén implicada tamén no deseo deste programa musical e na adaptacin das pezas.

O programa arrancou cunha homenaxe a Pink Floyd, con adaptacins de dous dos seus grandes éxitos, Wish you were here e Another brick in the Wall. De seguido, o rock setenteiro dos britnicos deixou paso única concesin música clsica tradicional, o Concerto para piano e orquestra núm. 20 en re menor, K. 466 (primeiro movemento: Allegro) de Mozart. De seguido, a música regresou ao século XXI da man de Muse, banda tamén britnica que ten apostado nas súas composicins por aproximar o rock progresivo ao mundo sinfnico. De feito, a peza escollida foi Exogenesis Symphony, unha sinfona de mis de 12 minutos de duracin que inclúe tres cancins: I. Overture, II. Cross pollinatione III. Redemption. O protagonismo de Muse continuou coa adaptacin de Butterflies and Hurricanes, do lbum Absolution, que deu paso a unha miscelnea de temas de Coldplay para pechar cunha das bandas mis icnicas do rock de todos os tempos, que nestes das estn de moita actualidade pola estrea do filme biogrfico Bohemian Rhapsody. Precisamente a peza homnima foi a que pechou o concerto de Nadal deste 2018.