Elas e eles conforman os grupos Rosaura, Cordelia, Maricastaa e Gepetto
60 persoas frmanse este curso nas aulas de teatro do campus
Os froitos do seu traballo amosaranse ao público en diferentes mostras escénicas
Entre a oferta formativa complementaria dispoible cada curso académico no campus de Ourense a través da súa programacin de obradoiros, o teatro ten un protagonismo especial ano tras ano a través das catro aulas teatrais existentes. O pasado mes de outubro arrancaron a súa actividade e nelas actualmente frmanse 60 persoas, membros da comunidade universitaria e persoas alleas a ela.
As aulas de teatro do campus de Ourense, comenta Fernando Dacosta, o seu director, contan xa cunha dilatada traxectoria e unha dinmica consolidada ano tras ano. Trtase das aulas de teatro Rosaura, aberta s e aos que se inician nas artes escénicas; Cordelia, destinada s e aos que xa teen algo de experiencia, e Maricastaa, para as e os mis avanzados. A estes tres niveis engdeselle a Aula de Teatro Infantil Gepetto. A docencia corre a cargo de membros de Sarabela Teatro e abrangue unha formacin tanto terica como prctica das e dos participantes en pequenos grupos en instalacins do campus de Ourense ao longo do curso académico. Como froito desa formacin, cada grupo desenvolve unha peza teatral que é representada ante o público nalgunha mostra de teatro.
Catro opcins
O primeiro dos niveis que estruturan esta oferta formativa escénica é a Aula Rosaura. “Este obradoiro é un inicio ao mundo do teatro”, comentan desde a organizacin. De xeito ameno e creativo, indican, as e os participantes viven a experiencia da formacin dun grupo, coecen os conceptos de espazo, tempo teatral e xogo dramtico e introdúcense no traballo de corpo, voz e interpretacin necesario para a creacin dun espectculo. Froito do traballo realizado, o grupo prepara baixo a direccin de Sabela Gago unha representacin de teatro na rúa coa que arranca cada ano a Miteu, a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense.
Para as e os que xa fixeron o nivel 1, est a Aula Cordelia, o nivel 2. “Neste obradoiro, destinado aos que fixeron o primeiro nivel ou a quen tea experiencia teatral suficiente, trabllase no afondamento das técnicas fsicas e vogais e na creacin do personaxe, na dramaturxia e na preparacin de todos os elementos que rodean unha obra”, comentan os seus responsables. Ao igual que nas demais aulas, este grupo tamén traballa unha peza, neste caso baixo a direccin de Fina Calleja, que logo se presenta na Miteu.
Por último nesta nivelacin de aulas est o nivel 3, que leva por nome Maricastaa. Nel conflúe a aprendizaxe dos dous anteriores niveis para somerxer s e aos participantes na montaxe dunha obra teatral propiamente dita. Neste obradoiro, os actores e actrices afeccionados “adéntranse no universo que supn unha posta en escena, coecendo os elementos técnicos e interpretativos, sentindo a creacin en grupo e plasmando todo isto nunha montaxe que xirar por diversas mostras universitarias de Galicia, Espaa e Portugal”, explican desde a organizacin. Baixo a direccin de Fernando Dacosta, nesta edicin esta aula traballar a obra Implosins, drogas, pasma e outras cousas das que preocuparse, con dramaturxia do propio Fernando Dacosta a partir das primeiras novelas de Daniel Pennac da saga ѲܲèԱ.
Por último, a formacin teatral no campus de Ourense inclúe a Aula de Teatro Infantil Gepetto, na que as e os amantes da actuacin tern “a oportunidade de facer teatro para nenas e nenos”. Ao longo dos meses de preparacin, as e os inscritos “traballan, xogan e reflexionan sobre os temas que lles interesan aos cativos para presentalos de xeito lúdico e divertido a uns espectadores marabillosos”. O froito do seu traballo ser unha peza que se estrear na Mostra de Teatro Infantil de Ourense Moti e que nesta ocasin levar por ttulo Aprendiz de Bruxa, con dramaturxia de Elena Seijo a partir de Kika Súper Bruxa.




