José Manuel Costa ofreceu unha conferencia sobre o impacto da revolucin dixital neste eido

Unha leccin sobre como a tecnoloxa reescribe a historia

O investigador falou no campus do papel de colectivos como Roman Army

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Cultura
  • پܱ
  • é
DUVI Ourense 04/12/2018

A Facultade de Historia do campus de Ourense acolleu este martes a charla Da arqueoloxa clsica arqueoloxa do mundo dixital: unha revisin da conquista e ocupacin do noroeste ibérico polos romanos. Nela, o historiador e investigador José Manuel Costa falou ao alumnado presente sobre como a revolucin tecnolxica tamén est a mudar narrativa histrica.

Organizada por Rosa Braas, profesora asociada da Área de Historia Antiga da 鶹, a conferencia de José Manuel Costa tivo como obxectivo “presentar de xeito sintético a investigacin dos últimos anos tanto persoal como colectiva a través do colectivo Roman Army”. Este grupo, “moi dinmico e dixital”, comentou Costa, “o que fai é aproximarse ao estudo da antigüidade, ao estudo da conquista e ocupacin do noroeste peninsular, desde unha ptica algo diferente ao que se ten visto na academia xa que é un grupo bastante horizontal na súa organizacin e bastante diverso en canto procedencia dos investigadores que forman parte del”.

Novas preguntas

Segundo explicou o arquelogo, no ano 2013 presentou a súa tese de doutoramento sobre o exército romano no noroeste peninsular “nun momento no que non se saba nin a terceira parte do que se sabe agora”. Cando rematou a súa tese de doutoramento, comentou José Manuel Costa, “xa se estaban producindo unha serie de transformacins que basicamente centrbanse no feito de que se empezan a usar novas tecnoloxas”. Esas novas tecnoloxas, detallou, nun primeiro momento foron fotografas aéreas, feitas por exemplo para temas catastrais, e que empezaron a usarse para aspectos relacionados coa arqueoloxa. Despois, engadiu, “empezaron a liberarse fotos mis antigas, dos anos 40 e 50” e as ata chegar a tecnoloxas como é o Lidar, de deteccin remota usando lser “e que permiten ver o terreo completamente limpo e detectar estruturas arqueolxicas”.

Estes avances, apuntou José Manuel Costa, implican que “as cuestins que haba entn agora xa non valen, as preguntas de investigacin que hai que facer son outras xa que os datos son outros. Podemos responder s vellas preguntas pero ao mesmo tempo abrimos outras novas”. Este desenvolvemento tecnolxico aplicado historia e arqueoloxa, indicou o relator respecto súa rea de traballo, “o que nos permitiu é detectar moitos novos sitios. Cuadriplicamos o que se saba con respecto aos inicios do 2000”. “Hai zonas do noroeste onde hai dez anos non se saba nada e de repente aparecen puntos novos que nos indican que houbo unha presenza militar romana”, citou como exemplo.

Na zona noroeste tal e como a entendemos, dixo o investigador posdoutoral do Grupo Sncrisis da Universidade de Santiago de Compostela, hai localizados “65 campamentos, nunha zona na que ao inicio desta centuria coecanse sobre 11”. Moitos destes campamentos, engadiu, “foron descubertos pola xente do grupo Roman Army antes de formar parte del e unha vez xa formando parte del”. Tendo en conta estes avances e que “practicamente non temos fontes histricas que expliquen o que pasou”, o historiador sinalou como “o que estamos facendo é construr todo a partir da arqueoloxa. Intentando ver como se relacionan eses campamentos coa contorna, que facan eses soldados, cal pode ser o seu interese... e a partir de a construr narrativas, construr historia. Tratar de entender a paisaxe e a partir da paisaxe construr unha historia”.

Na vangarda

Durante a súa intervencin, o relator fixo fincapé en como o uso da tecnoloxa en historia é “un tema moi importante”. Segundo indicou José Manuel Costa, “cada vez mis os historiadores usan as novas tecnoloxas por que proporcionan recursos moi útiles e moi fciles unha vez tes uns coecementos bsicos”. Esta revolucin dixital que, dixo, “afecta a todas as disciplinas no caso da historia e a arqueoloxa temos un longo percorrido por facer pero o crecemento est sendo exponencial e significativo”. A historia, afirmou o investigador, moitas veces “asciase cunha maneira de contar a historia moi lenta, moi atemporal e allea xente e hai que cambiar esa dinmica, escribir tamén para as novas xeracins, para audiencias moi amplas e diversas”. Estes novos recursos e ferramentas tecnolxicas, dixo, “permtenche entrar en conexin cun mundo que est cambiando, que est facendo un uso extensivo de internet, das redes sociais e doutras plataformas. Temos que estar a, temos que estar na vangarda”.