A exposicin ‘City Blues’ do profesor Jorge Lens exhbese nestes das na República Dominicana
Fotografas que achegan outra visin das capitais europeas a América Latina
A mostra visitar este ano Guatemala, Costa Rica e Honduras, nun proxecto financiado pola AECID
50 fotografas tomadas en catro capitais europeas, que retratan unha cidade distante de estereotipos ou imaxes tursticas, unha cidade habitada, que dan sentido as xentes que a habitan e transitan. Esta é a idea sobre a que o fotgrafo e profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicacin Jorge Lens articulou City Blues, unha exposicin fotogrfica que, da man da Agencia Espaola para la Cooperacin y el Desarrollo (AECID) percorre ao longo de tres anos diferentes pases de América Latina. Tras a súa estrea, o pasado mes de setembro, no Centro Cultural de Espaa en El Salvador, este medio cento de fotografas tomadas en Atenas, Londres, Madrid e Lisboa, exhbense desde novembro no Centro de la Imagen de Santo Domingo, como unha das exposicins que integran a bienal de fotografa PhotoImagen, e neste 2019 visitar en marzo Guatemala, Costa Rica en xullo e, en novembro, Honduras.
“Para min nace case mis como un proxecto de vida, de volver un pouco a esa funcin case primaria da fotografa como documento, da fotografa un pouco case como experiencia catrquica, no sentido de que cando fas fotos proxectas os teus medos, os teus soos, as túas ambicins e ilusins...”, sinala Lens dun proxecto que naceu en Londres en 2016, vinculado “a unha idea primixenia de viaxe, de deixarte levar por unha cidade simplemente polos estmulos que che achegue unha rúa, un rtulo, o que sexa...” A partires de a, estadas en diferentes capitais europeas permitronlle comezar a dar forma a un proxecto ao que deu o nome de City Blues, “porque é unha visin dunha cidade un pouco bluseira, un pouco tristeira, é unha cidade que soa, pero que tamén lle custa sar adiante, unha cidade con todos os seus defectos e con todas as súas ilusins, unha cidade vivida, habitada...” E foi esta visin precisamente a que espertou o interese da AECID polo proxecto. “Penso que a súa idea era amosar unha cidade europea en América Latina sen tanto estereotipo, sen que sexa unha postal, porque en certo modo ven desa forma a Europa”, apunta Lens, quen recoece que “unha institucinaposte por ti deste xeito est xenial”, posto que contou con “total liberdade e autonoma” hora de seleccionar as 50 fotos que integran a exposicin, nas que as imaxes das catro cidades preséntanse mesturadas entre si, respondendo deste xeito a esa concepcin de “urbe global”.
El Salvador, primeira parada
Ata este domingo13 de xaneiro, City Bluespermanecer na capital da República Dominicana, trala súa inauguracin, a finais de novembro, como parte da programacin de Photo Imagen, unha bienal que neste 2018 ten a Espaa como pas convidado e protagonista de catro exposicins, as protagonizadas por Lens, Alberto Garca-Alix, José Manuel Daz Burgos e a mostra colectiva de fotografa contempornea Un cierto panorama, que comisara Jesús Mic. Previamente, estas fotografas puideron contemplarse por primeira vez, nos meses de setembro e outubro, no Centro Cultural de Espaa no Salvador, a primeira parada da itinerancia que a AECID coordina por diferentes cidades de América Latina “onde hai centros culturais de Espaa propios ou asociados”, completndose este percorrido coa organizacin de diferentes actividades en cada sede, como o coloquio e a visita guiada que desenvolveu en Santo Domingo ou o taller para fotgrafos que levou a cabo en El Salvador. “A experiencia foi moi positiva, son fotgrafos con outras referencias que traballan noutro contexto e foi moi interesante”, recoece destas actividades complementarias propia exposicin.
Dous anos de percorrido por diante
Tralo seu paso pola República Dominicana, a exposicin viaxar en marzo en Guatelamala, trasladarase en xullo a Costa Rica e en novembro poder verse en Honduras, nun percorrido por diferentes pases de América Latina que se estender tamén ao ano 2020 e que anda ten as súas futuras paradas pendentes de definir. “A AECID ten uns 15 centros en América Latina e est previsto que a exposicin vaia a tres ou catro este ano e a outros tres ou catro no seguinte”, explica Lens dunha iniciativa que se viu complementada pola edicin dun catlogo que suma s fotografas seleccionadas outra serie de imaxes realizadas en Roma, que por motivos de prazos non puideron incorporarse exposicin. Non en van, recoece, City Blues é un proxecto que continúa. “Paréceme necesario que estea tamén Berln, que estea tamén Pars..., para min é un proxecto anda aberto”




