‘Who killed those two flies and why?' logrou o primeiro premio no desfile de Esdemga

As obsesins de Bobby Fischer inspiran a coleccin coa que Raquel Barbosa triunfa en Debut 2018

O xurado recoeceu tamén os proxectos de Mara Cores e Ana Micaela Fernndez

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 23/11/2018

Cando, 20 anos despois da chamada “partida do século”, o xadrecista estadounidense Bobby Fischer ase enfrontar de novo co ruso Boris Spaski, pediu catorce camisas exactamente iguais s que utilizara na partida celebrada en 1972 en Reikiavik. Esta mostra das “obsesins” do norteamericano serviu como fonte de inspiracin a Raquel Barbosa para dar forma a Who killed those two flies and why?, a coleccin coa que na noite deste xoves se alzaba co primeiro premio na décimo segunda edicin de Debut, a pasarela na que o alumnado de Esdemga presenta as coleccins que constitúen os seus proxectos de fin de estudos. Nun desfile que levou a pasarela 15 proxectos de fin de estudos e un total de 52 coleccins realizadas polo alumnado, o xurado recoeceu tamén co segundo premio Aquelarre, o proxecto presentado por Mara Cores, e outorgou un accésit a Los renglones torcidos de Dios, a coleccin de Ana Micaela Fernndez.

“É algo incrible, despois de tanto esforzo, de moitas e moitas horasque alguén que consideras que pode valorar o teu traballo este lle encante é algo xenial”, recoeca Barbosatras recibir un galardn que agarda sirva de axuda no inicio da súa vida profesional, unha vez completados os seus estudos e que defina como “un recoecemento ao traballo de meses”. Valéndose do coiro e da xastrera a medida, Barbosa deu forma a unha coleccin na que plasmaba directamente nas prendas as anotacins de Fischer e na que fixo uso de coroas de loureiro para reflectir tamén a figura dun xadrecista “que obxectivamente era un gaador, pero que el tamén se senta as”. Who killed those two flies and why?, sinala, “naceu das obsesins de Bobby Fischer, que foron as que fixeron que me parecese unha persoa incrible de analizar”, unha figura, que, recoece, “inspiroume moitsimas cousas”.

O escaparate de 15 novas tituladas

Na súa décimo segunda edicin, a pasarela que cada ano reúne preto de 1800 persoas no Pazo da Cultura abriuse coa presentacin dos 15 proxectos de fin de estudos que optaban aos premios que outorga a empresa Jesús Peir, nesta ocasin representada por un egresado de Esdemga, Jairo Iglesias; premios que decidiu un xurado composto por Isabel Cantista, responsable da consultora Fast Forward Innovation; Adriana Rodrguez e Jumpei Ushiyama, directora e deseador de Camper Creative Network; Patrizia Fabri, deseadora responsable da firma Antica Manifattura Cappelli,e Charo Álvarez e Roco Snchez, responsables da plataforma Bilbao International Art & Fashion. Xurado que outorgou o segundo premio titulada Sara Cores por Aquelarre, unha coleccin na que presentaba unha revisin dos personaxes de Las brujas de Salemde Arthur Miller, e que decidiu tamén sumar a estes dous premios un accésit para Los renglones torcidos de Dios, o proxecto que Ana Micaela Fernndez desenvolveu tomando como punto de inspiracin o libro de Torcuato Luca de Tena que lle dnome.

Xunto a elas estrearon tamén os seus proxectos sobre a pasarela Pilar Alegra, Claudia Baum, Miriam Cartagena, Susana Fall, Iria Ginebra Gonzlez, Nohemi Pérez, Paloma Garca Santos, Sara Pérez, Inti Nuez, Sasha Ratkovc, Sara Vzquez e Alicia Rea, nun evento que congregou de novo no Pazo da Culturanumerosos representantes do mundo da moda as como a diferentes autoridades. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernndez Lores;o vicerreitor do campus, Jorge Soto, e as vicerreitoras de Comunicacin e Relacins Institucionais, Mnica Valderrama, e Transferencia, Consuelo Pérez; as concelleiras de Cultura, Carme Fouces, e Promocin Econmica, Anabel Gulas, a decana de Belas Artes, Silvia Garca, e a deputada provincial Eva Villaverde, entre outros, estiveron presentes nun evento no que as 15 novas tituladas estrearon sobra a pasarela unha serie de coleccins nacidas de múltiples fontes de inspiracin, desde as referencias literarias e cinematogrficasa artistas como Francis Bacon ou Sean Scully, experiencias biogrficas e vitais, ou deportes comosurf eo jiu jitsu.

E o escaparate dunha titulacin

Debut 2018 completouse cun segundo bloque de “coleccins de curso”, unha serie de traballos desenvolvidos ao longo do pasado ano académicopor estudantes da primeira promocin do mster en Deseo e Direccin Creativa en Moda, por primeira vez representado nestapasarela, na que tamén puideron verse traballos realizados por alumnado de segundo curso do ttulo propio que ser substtudo por este posgrao. En total, pudieron verse sobre a pasarela 52 coleccins que, como sinalou a directora de Esdemga, Lola Dopico, “forman parte da súa aprendizaxe na escola”. Debut, lembrou nese senso Dopico, “é fundalmentalmente a mostra do que o alumnado fai nas aulas, por iso sempre queremos darlleimportancia non s ao remate dos estudos senn a todo o proceso”, completando a presentacin dos proxectos finais con outra serie de propostas nas que estaban representadas todos os cursos da titulacin.