Dirixidas a persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33%

Oito estudantes da Universidade podern beneficiarse das bolsas Fundacin ONCE-CRUE

O prazo de presentacin de solicitudes manterase aberto ata o 17 de decembro

Tags
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Igualdade
  • é
Yaiza Canedo DUVI 26/11/2018

Facilitar o desenvolvemento de prcticas académicas externas do alumnado universitario con discapacidade. Este é o obxectivo co que a 鶹 e a Fundacin ONCE convocan en réxime de concorrencia competitiva oito bolsas que promoven a mellora da empregabilidade e o futuro profesional destes alumnos e alumnas.

A convocatoria, que busca tamén fomentar vnculos entre empresas e universidades, est dirixida a estudantes cunha discapacidade recoecida igual ou superior ao 33% que estean matriculados, no curso 2018-2019, en estudos de grao – tendo superados polo menos o 50% dos créditos - ou mestrado e que non tiveran gozado dunha axuda deste tipo con anterioridade. As persoas interesadas que cumpran estes requisitos tern ata o vindeiro 17 de decembro para poder inscribirse nesta convocatoria a través da pxina web da ONCE, na que tamén podern consultar informacin relativa a bolsa, as como descargar a convocatoria.

Duracin de 3 meses e retribucin de 600 euros mensuais

As prcticas, cun horario de 25 horas semanais que ser pactado entre a empresa e a persoa beneficiaria, respectando a actividade académica do alumnado, poderanse realizar en todo tipo de empresas, entidades do terceiro sector e outras institucins públicas e privadas. Se ben as prcticas tern unha duracin de tres meses consecutivos, entre o 1 de febreiro e o 31 de decembro de 2019, se a empresa de acollida se compromete a aboar a mesma ou superior axuda mensual e a correr co custo das obrigas tributarias, estas podern ampliarse ata os seis meses.

O traballo ser retribudo con 600 euros brutos mensuais e é incompatible cunha relacin contractual de tipo laboral coas empresas, pero é compatible con outro tipo de axudas, tendo en conta que o fin último destas axudas é incentivar s empresas a contratar persoas con discapacidade, que tern as unha maior oportunidade de inclusin.

O perfil, o currculo e o expediente académico, pezas clave na decisin

A comisin de seleccin, presidida pola vicerreitora de Captacin de Alumnado, Estudantes e Extensin Universitaria, Natalia Caparrini, elixir aos candidatos e candidatas tendo en conta a nota media do expediente do alumnado, os seus méritos no currculo e a adecuacin do seu perfil, dndolle prioridade a aqueles estudantes que se atopen cursando o mestrado ou o último curso da titulacin de grao.

As resolucins publicaranse no portal de bolsas da Universidade, xa que a xestin destas bolsas depende directamente da Seccin de Axudas e Bolsas da Universidade en coordinacin coa Área de Emprego e o Servizo de Extensin Universitaria.